Onte, organizada pola Asociación Cultural o Facho, Francisco Pillado http://gl.wikipedia.org/wiki/Francisco_Pillado Pancho Pillado para os amigos, dei unha magnífica conferencia no Centro Sociocultural Fundación Caixagalicia (R/ Médico Rodríguez, 2-4. A Coruña) sobre a Rosalía de Castro e As mulleres no percorrer da Hisoria.
Pancho fixo un ilustrado, exhaustivo, percorrido non só sobre Rosalía, senón tamén sobre o concepto que tiñan, teñen, das mulleres os pensandores universais. Vamos! Que non deixou títere con cabeza, dende Aristóles a Primo de Rivera, pasando por San Agustín, Freud, Erasmo, Quevedo, Lutero, Molière… Por faltar non faltaron nin os grandes pensadores do século XX nin os do XXI. Eses ‘ilustres persoeiros’ para quen as mulleres nunca pasamos de ser uns miserentos seres inferiores, uns bechos, cousas…
Pancho é un gran comunicador e encandilou a todos/as os presentes! Logo houbo un interesante coloquio, onde, un rapaciño recoñeceu que entrase no centro sociocultural sen saber de que ía a cousa, que entrase por entrar. Acabou dándolle as grazas ao conferenciante e organizadores do evento, porque aprendese moito e pasárao moi ben…
O dramaturgo Manuel Lorenzo, -quen en 1965 creou o grupo de Teatro O Facho xunto con Francisco Pillado-, e a escritora e política Pilar García Negro estaban entre o público.
Manuel Lourenzo xunto a profesora Lola Valcárcel:
http://gl.wikipedia.org/wiki/Manuel_Lourenzo
Texto e fotos: Fina Roca