Que fillos de puta! Malditos especuladores que son capaces de converter un barrio mariñeiro nun pobo fantasma. Son culpables todos: promotores e constructores (Inmo Xerión S.L), Banco que finanza as obras (Banco de Galicia), Concello de Viveiro (PSOE) que concede as licencias, Xunta de Galicia (PSOE+BNGa) que pasan por alto as barbaridades urbanísticas, partidos políticos que só pensan nos seus intereses partidistas, sindicatos que pasan de todo e armadores que só se preocupan de informatizar a lonxa facendo oídos xordos as desfeitas continuadas dun pobo, que como Celeiro, debería ser patromonio da Humanidade…
Alguén ten que pagar por deixar a tanta xentiña do común na rúa! Cómo é posible que os promotores de Inmo Xerión non estean na cadea? Pero en que país vivimos para poder deixar tiradas a 41 familias pola ambición de quen quería facer un edificio que espanta á vista chantado en medio e medio dunha magnífica e ancestral construcción mariñeira. Ata os máis ignorantes da vila sabían que onde ían excavar non había máis ca area e auga. Por que ninguén puxo remedio? Porque poderoso señor é don diñeiro…
Velaquí o que había e o que hai:
Porto de Celeiro, arquitectura tradicional
Composición virtual da promotora Xerión do edificio da desfeita que aínda se vende por Internet e que contaba con todas as bendicións legais.
Como se pode autorizar algo tan feo?
Que pinta o alumbrado navideño?
Visto esto, como é posible que ninguén estea na cadea? Que barbaridade! E seguirán a darlle diñeiro aos bancos para paliar a crise…
Fotos e texto: Fina Roca