Unha non pode menos que recordar a película Dolce Vita http://es.wikipedia.org/wiki/La_Dolce_Vita cada vez que se atopa con estas palabras en calquera parte do mundo. Confeso que, cando fun a Roma por primeira vez e me vin diante da Fontana de Trevi sentín ganas de bañarme espida cal Anita Ekberg, paseando idem a luz da lúa por Via Veneto, pero non me atrevín porque, por máis que busquei, non atopei a Marcello Mastronianni para salvarme das miñas incertezas…
Andaba a investigar sobre o desastre do CELEIRIÑO -do que prometo artigo cando poda visitar o lugar dos feitos,- cando de súpeto vinme invadida pola propaganda masiva do novo centro comercial coruñés de Dolce Vita. Que barbaridade propagandística! Fose por onde fose me atacaban súper rapazas anuncio en bicicletas sen manubrio con rodas de moto para que acudise á inaguración do centro máis grande de toda Galicia. A invasión era a tódolos niveis: radio, prensa, televisión, buzoneo. Unha propaganda agresiva na que a muller sensual e sexual era o principal reclamo tanto nas rúas como na propaganda escrita: O folleto de propaganda no que se anuncia un concurso de dibuxo para nenos está presidido por unha muller bandeira chupándose o furabolos en actitude sensual e con sexuais fresas incrustadas no resto dos dedos, folleto que contou coa bendición do párroco Rafael Taboada e do alcalde socialista J. Losada, que inauguraron o centro en perfecta comuñón, malia que a Igrexa pon a caldo ao Estado, e insulta a Losada dende o púlpito na misa de 12 das festas do Rosario.
Miúdo caos circulatorio se armou nos accesos á A Coruña! Ata ERRE (R) tivo problemas: os seus clientes non tiveron acceso a INTERNET perante a tarde noite do día 17.
O Bus 11 que ata de agora circulaba pola Grela con catro pasaxeiros viuse desvordado.
Os piquetes dos traballadores/as do Comercio, que loitaban por un salario digno e non aos despidos da patronal, obrigaron a baixar as persianas de moitas das 160 tendas, a golpe de tambor, pitos e frautas. Persinas que axiña levantaban os tendeiros esquiroles! Que dicir dos monumentais atascos que pararalizaron A Coruña perante dous días, obrigando aos consumidores convulsivos a permancer pechados no coche máis de dúas horas. Para que logo digan que hai crise: das 2.800 prazas do parking de Dolce Vita non había unha soa libre. Claro que, no supermercado EROSKI, regalaban un xamón aos primeiros 500 clientes que superasen 150 Euros de compra…
O presidente do grupo CHAMARTÍN, Carlos Cutillas, mandou pechar as escaleiras mecánicas e mailos ascensores cando os manifestantes subían á primeira pranta do edificio. Pero iso non os amendrentou, subiron a pe, incluso coas muletas, malia estar rodeados de policías e gardas de seguridade por todas partes…
O edificio foi feito a marchas aceleradas e podíanse ver as defeitas: cables soltos polo chan e paredes, chapas metálicas para salvar os accesos das escaleiras metálicas, auga das fontes mal enfocada que mollaba a todos cantos se acercaban ao centro comercial, en especial, aos sufridos usuarios do Bus.
Cables soltos, fontes mal orientadas e concurso dos nenos con mulleres sensuais.
Policía en todas partes, xustiza por ningures!
Texto e fotos: Fina Roca ?