O IES Urbano Lugrís de A Coruña co gallo do centenario do pintor do mesmo nome celebra unha interesante exposición, que estará aberta ata o 23 de abril…
http://es.wikipedia.org/wiki/Urbano_Lugr%C3%ADs
As responsables da exposición, as profesoras Mercedes Rielo e Inés Astray, pretenden achegar a todo o alumnado -ESO, Bacharelato e Formación Profesional- á figura de Urbano Lugrís, de tal xeito que o nome do Instituto teña algún significado para todos os estudiantes.
A exposición complementase con diversas e entretidas actividades culturais sobre Urbano Lugrís das que caben subliñar unha morea de xogos en equipo para alumnos/as de ESO, que se poden resolver ollando os cuadros expostos: fichas sobre a vida e obra de Urbano Lugrís, puzles, crucigramas, revoltigramas, xeroglíficos, debuxos, etc..
Profesora Rielo
Outra das actividades realizadas para celebrar o centenario, baseándose nun cuadro de Urbano Lugrís, a Torre de Hércules, foi participar no 24 Concurso Escolar da ONCE con dous vídeos sumándose á reivindicación da Torre de Hércules patrimonio da Humanidade na que participan alumnos/as de ESO e Bacharelato, que podedes ver en:
Vídeo sobre la obra del pintor del mar: