Non mo podo crer! Unha muller preñada ministra de defensa? Desta si que me fago Zapateriana! Que eu saiba a ministra de defensa Carmen Chacón é pacifista e catalanista, é dicir, nacionalista. Que pasada! Unha muller xoven e embarazada poñendo firmes a tantos guerreiros machistas? Ánimo soldadas que desta si que chegades a xeneralas. Agora si que poidemos crer na igualdade. Viva quen fixo posible esta fazaña! Por favor Carmen non collas a licencia por maternidade, que a colla o teu marido, te necesitamos para desterrar das Forzas Armadas tanto guerreiro con sede de venganza. Postas a pedir, en pro da igualdade das tribus e castas tes que acabar cos privilexios dos clubs de oficiales e suboficiales, que pagamos todas/os. De seguir así, Zapatero, vai conseguir que en Cidade Vaticano, en lugar de Papas haxa Papisas.
Noraboa Carmen Chacón! Nos guste ou nos disguste, eres a primeira muller, preñada e sen preñar, que vai dirixir ás Forzas Armadas.
Fina Roca