As orellas hai que facelas entre dous ou tres persoas, xeralmente facíanse o xoves ou vernes de comadres; as mulleres reuníanse na casa da comadre máis vella para facelas. Quen ten boa man debe facer a masa e estirar as orellas, mentras outra dedícase a fritilas e esporvorealas con azúcar. Nestas mesma páxina tedes a mellor receta posible herdada de nais a fillas -Recetas de Fina Roca: as orellas de Oliva- pero aquí tedes as fotos paso a paso da masa para dous quilos de de fariña e unha dúcea de ovos:
A masa debe quedar coma un queixo sen que se pegue nas mans, logo hai que estiralas de tal xeito que poidamos poñer unhas enriba das outras sen que se peguen: facer bolas antes de estiralas e huntalas con aceite, que se quenta previamente e se deixa enfriar; fritilas en moito aceite, pero ollo! Hai que quentalo, deixalo enfriar e quentalo de novo para fritilas. Cando botedes as orellas na tixola espabilalas cun tenedor para que non se apelmacen.
Que ricas!
Foto e texto: Fina Roca