Para inculcar hábitos estables de lectura, a nivel familiar i escolar, hai que partir da realidade existente dos preadolescentes e adolescentes. Aos xoves interésalles pouco o mundo dos adultos e non senten ningún atractivo polas Institucións públicas. Ler libros, en papel impreso, non entra dentro das súas prioridades, senten paixón catódica polos móbiles de deseño, música estridente, motos, coches, Internet e todo canto estea prohibido ou mal visto: drogas e alcohol. Prefiren pinzar motos, desafiar aos veciños cos botellóns, asistir a un concerto de música electrónica, no que non faltan drogas, antes que gozar sosegadamente cunha novela de aventuras…
A adolescencia é un período difícil de vivir en especial nas zoas industrializadas nas que, debido aos ‘reaxustes’, cambian leiras e hortas por cemento: demasiadas persoas en paro. Os rapaces se teñen grupo, realízanse con el, pero se non o teñen pásanas putas. Ninguén lles fai caso, cando non se senten identificados co seu barrio, familia, escola ou instituto. Cando non atopan opcións válidas para a súa forma de ser, agrandan os seus problemas ata límites insospeitados, levándoos á fuga da casa, ás tentativas de suicidios -debidos en moitos casos ao fracaso e acoso escolar- ás toxicomanías, ou ás crises nerviosas capaces de desesperar á familia e profesores…
Por regra xeral, os xoves, detestan que os adultos métanse nos seus gustos musicais, forma de vestir e panda, pero están encantados con que mamá cubra as súas necesidades, a chacha que lles dá confort, e papá a guita. Os egoístas non se plantexan saír da casa para independizarse, nin están dispostos a comparti-la habitación cos avós cando os pisos son pequenos: hai que facerlle sitio a cadea musical, á TV, Ordenador, Mp3…
Os cachorros da burguesía adiñeirada falan varios idiomas, reciben cursos no estranxeiro, escriben novelas estúpidas, fan cine, música e anuncios televisivos, pero tampouco len nada: chegan á Universidade totalmente desconectados coa realidade existente porque a familia adoita pechalos en urbanizacións e clubs de luxo, para evita-la mestizaxe coa xente de barrio. A Universidade non selecciona aos mellores, senón aos máis preparados e estes son os que dispoñen de máis medios económicos. Os cachorros ricos son os que máis se desfasan cando saen de excursión, ou cando non están vixiados, entón son uns mentirosos…
Da droga non se salva ninguén! Nin ricos nin pobres! A paixón polo prohibido dispara o consumo tanto nos fillos do paro, como nos da jet-set. A prohibición do consumo fai que o producto empeore no mercado negro co conseguinte prexuízo para a saúde. A meirande parte dos rapaces consumen algunha sustancia. Droga e alcohol unen a tódalas tribos urbanas. Os pais, adiñeirados ou no paro, os protexen, pero eles sos organizan as súas movidas…
Das mensaxes de reivindicación social dos Beatles e Rolling Stones, líderes das protestas xuvenís dos anos 60, pasamos ao tumulto dos sons electrónicos con ritmo repetitivo e monótono: os seus grupos musicais promoven a provocación, desprezan o virtuosismo instrumental, teñen obsesións escatolóxicas con fixación no falo e ata os seus graffitis son escatolóxicos: pesadelo de profesoras, curas e feministas…
O rock actual está cargado de connotacións sexistas (‘teta que man non cubre, non é teta senón ubre, furado con pelos hai que fodelo’) e o hard- rock lanza constantes mensaxes hitlerianos. TV e Internet proxectan violencia e sexo duro. Os adolescentes enfróntanse dende hai tempo á perda de valores universais e caída dos ídolos…
A súa sabedoría ‘etílica’, alias botellóns, non difire gran cousa da dos adultos, deses sabios tabernarios, que seguen a conducir cunha copa de máis. Os rapaces/as están marcados pola Cultura dos baixos presupostos, cómics xaponeses, música electrónica e industrial: a cultura de usar e tirar. Ollo! Non leen eles, pero tampouco leen os seus proxenitores e profesores:
Convén saber que:
– Dende o Convenio de Xenebra (1936) mundializase a prohibición do consumo de Drogas. As Aminas e LSD foron legais ata 1970. As drogas de deseño, tan en boga ata nos patios dos institutos, son as primeiras da Historia consideradas ilegais dende a súa creación…
– As Drogas ao longo da Historia foron legais sempre. Nas tabliñas Sumerias fálase das vantaxes das adormideiras. No papiro de Ebers os exipcios recomendan o Opio. Os gregos consumían a esgalla opio, cáñamo e haxix con vino e mirra? No Antigo Testamento se defende a cultura etílica: regan con viño cada ocasión importante. Nembargantes o alcohol non agrada aos musulmáns, nin aos budistas e indúes: prefiren o cáñamo. Por influencia do Cristianismo, na Idade Media, entronizase o alcohol e se desterran o resto drogas.
– No s. XIX descóbrense os principios da codeína, cafeína, cocaína, mascalina e barbitúricos. En 1900 todas as drogas coñecidas están dispoñibles nas farmacias e droguerías. Nos EE.UU a Lei Harrison (1914) prescribe a heroína, a cocaína e o opio. En 1936 mundializase a prohibición..Os romanos reprobaban as drogas cando se utilizaban para matar a alguén ou a eles mesmos…
Á Historia Elemental de las Drogas de Antonio Escohotado, Ed. Anagrama e Informe Aclad, da Asociación Cidadá contra a Droga na Coruña, e ao mito da morte e resurrección: mito de Isis e Osiris. Me remito…
As propias Universidades, en especial a Galega, se voltaron tan estreitas que fomentan tensións entre Cultura e Sociedade, como o PP e PSOE, especializándose en Egoístas e ríndose dos Altruístas…
E dos Institutos mellor non falar, xa que dende que se implantou a LOXSE máis que centros educativos parecen centros de acollida. Os profesores xa non son docentes, son gardas xurados. Os intelectuais e humanistas sobreviven a duras penas con fortes vetos para as súas publicacións e mensaxes positivos…
Que queredes? Son os propios catedráticos de Instituto e Universidade os que fomentan os guetos poñendo cota ao alumnado, que pode promocionar, ou licenciarse, para evitar non só a intrusións profesional, senón tamén o ascenso das clase sociais menos privilexiadas…
De aí a importancia de fomentar hábitos lectores estables, anque teñamos que recorrer ao botellón a nivel aula, ou fumar haxix para que lean a Pipa de Kif…
Eu cando lles leo algo en clase, están superatentos e caladiños. Fina Roca.
?