As derradeiras hortas do parque de Oza…

A Coruña…

Onte a tristeza e dor sentíase na xente maior do barrio de Monelos que perante anos cultivaron as súas hortas con paciencia e agarimo. Malia que no mes de abril do presente ano recibiron unha carta instándoos a recoller todos os apeiros en 15 días, coidaban, que a orde ía ser coma outras veces -levaban anos escoitando a mesma historia- e que ían poder facer o que sempre fixeron: cultivar e criar galiñas. A desolación era patente! As máquinas entraron a esgalla e, anque os obreiros, aseguráronlle que de momento non ían tirar as chabolas onde gardan os aperos, chorando, as máis velliñas, preguntábanse, que facer coas galiñas? De feito unha señora, que perdera o marido e mailo único fillo, dicíame que grazas ao coidado das galiñas e maila horta puidera saír adiante. Agora vive nun piso e non vai levar os animais para a casa. Estas hortas están situadas xusto detrás da igrexa de Monelos. A horta do crego non está afetada polo deshaucio, é dicir, que seguirá adscripta á Igrexa, quedando no medio e medio do parque de Oza, ata que a Igrexa a venda por un prezo millionario á constructora da quenda. Seguirei a informar sobre esta desfeita que deixa as persoas maiores sen a súa habiitual forma de vida. As hortas están a salto de mata do Corte Inglés e como se ve nas fotos os bloques de cemento avanzan. De parque nada! Vamos! Un xardinciño, como en Vioño, e o resto para as constructoras. En Vioño desfixeron unha aldea enteira para cubrila con bloques de cemento.

 

Acabáronse as hortas sitas entre o Camiño do Corgo, Rúa Montes e Camiño da Igrexa.

Fotos e texto: Fina Roca

Deixa unha resposta