Ana María Ríos, a galega de Arcade (Pontevedra) que fose detida en Cancún o pasado oito de outubro, en plena lúa de mel, acusada impunemente de ‘tráfico de armas’ (cartuchos e artefactos de detonación) ven de escandalizar ao exército de liberación nacional do seu pobo por posar en top less na revista Interviu, cando deberían felicitala por entrar no famoseo, vía México, sen ter que pasar por Gran Hermano, nin pola cama de Pipi, o ex da Terelu Campos, que está arrimada cun galego de Viveiro emparentado cos grelos, o Agrelo…
Moi ben Ana! Que si, que a vida é moi corta e hai que vivila…
Vaia dende aquí o meu parabén a esta muller de 26 anos por saber rentabilizar a súa propia desventura! Ánimo rapaza! Que non só os bombeiros cachas teñen dereito a saír en pelotas nos calendarios e revistas, as perruqueiras e as profesoras pouco agraciadas e entradas en anos, tamén… Fina Roca