Caldeirada de raia…

A raia é un peixe cartilaxionoso moi rico e, anque non é o seu mellor momento de comida, como hai abundancia na praza e vai barata, convén mercala e facela de varias maneiras…

http://es.wikipedia.org/wiki/Rajiformes

Segundo o refraneiro <<A raia en xaneiro é como o carneiro>>.

Convén mercar unha raia grande de varios quilos (tres ou catro) e pedirlle ao pescadeiro que cha limpe e corte, para caldeirada e para fritir:

Cedeira, lonxa 018.jpg Cedeira, lonxa 022.jpg Cedeira, lonxa 023.jpg

Raia enteira e cortándoa en fresco.

Caldeirada de raia para catro ou seis persoas:

Ingredientes: Oito talladas grandes de raia, os cercanos á boca. Catro patacas grandes, unha cebola e un tomate, grandes, un pimento roxo, unha cabeza de allo, pirixel, un puñado de chícharos (guisantes frescos) aceite de oliva, vinagre, sal, pimentón doce e unha folla de loureiro…

Modo de facela:

1º) Adoba-la raia unha hora antes de facela con sal, allo e cebola picada, pirixel e unha folla de loureiro.

2º) No fondo dunha tarteira grande poñer no fondo unha capa de patacas cortadas en rodaxas dun dedo de grosor, unha de cebola cortada do mesmo xeito, outra de tomate e un pemento roxo cortado en tiras. Cubrir con auga fría, -só cubrir-, e un bo chorro de aceite de oliva. Poñer ao lume e deixar cocer. Cando as patacas case van cocidas bota-la raia por riba e mailos guisantes, e darlle dous fervores. Escorrer e reservar unha cunca do caldo de cocer.

3º) Facer un sofrito: Nunha tixola botar dúas cucharadas sopeiras de aceite de oliva, sofreir os allos, separar do lume e botar unha cuchara de pimentón, un chorro de vinagre de viño e unha folla de loureiro. Engadir o caldo rereservado e cobrir a caldeirada, movendo todo pero agarrando a pota polas asas, meneandoa…

A parte máis finiña, a das aletas, está riquísima fritida en abundante aceite de oliva. Abonda con enfariñala un pouco e deixala churrascar na tixola. En empanada a raia é un manxar exquisito, pero tamén en salpicón, cocéndoa previamente.

Pode conxelarse en fresco… 

Que vos aproveite!

Texto e fotos: Fina Roca

?

Deixa unha resposta