Os percebes…

O percebe é un crustáceo que sabe a gloria bendita! Crece nos cantís, na mar batida e a súa pesca resulta difícil e perigrosa. Actualmente hai tantas mulleres coma homes dedicadas a este tipo de pesca. Nunca me parecerán caros, e non coñezo a ninguén que se intoxicara con percebes. Imposible! Non se perden! Non ho! Non lle damos tempo…

Só o petróleo do Prestige acabou con eles. Pero se recuperaron, grazas a Deus…

http://gl.wikipedia.org/wiki/Percebe

Os do Roncudo teñen moita fama, pero os que se pescan nos acantilados de Cedeira son boísimos, como o resto das costas galegas onde a mar sabe a mar. Na vila mariñeira de Cedeira veñen de celebra-la undécima edición da festa do percebe, pero podemos comelos perante todo o verán.

Propoño un paseo cara a lonxa de Cedeira para ve-los percebes e resto de peixe, anque ao estar informatizada perdeu parte do seu encanto…

Camiño da lonxa de Cedeira:

Cedeira, lonxa 001.jpg Cedeira, lonxa 002.jpg Cedeira, lonxa 033.jpg

Xardín i estrada que levan á lonxa. A medio camiño atopamos o monumento á muller do pescador: << A Confradía de Cedeira á muller do pescador. No traballo e na vida compañeira… Agosto 1985>>

Dende o devandito monumento observamos a Lonxa:

Cedeira, lonxa 010.jpg Cedeira, lonxa 020.jpg Cedeira, lonxa 028.jpg

Os nenos gozan no medio do xelo dos barcos mentres un vello mariñeiro observáos…

Cedeira, lonxa 019.jpg Cedeira, lonxa 013.jpg Cedeira, lonxa 017.jpg

No interior da lonxa de Cedeira…

E chegan os percebes:

Cedeira, lonxa 027.jpg Cedeira, lonxa 014.jpg Cedeira, lonxa 016.jpg

Que ricos! Cómo se fan os percebes?

Os percebes fánse sempre cocidos! Lavalos e quitarlle o cascaballo (todo o que se lle pega). Logo hai que botalos nunha tarteira ou pota cunha boa presa de sal e auga que os cubra, un dedo aproximadamente por riba dos percebes. En frío! Déixadeos que fervan. Tan pronto levanten o fervor apagade o lume, escorrer toda a auga e servir nunha fonte tapados cun pano blanco, para que se segan cocendo coa súa propia calor. O de botarlle ou non unha folla de loureiro depende do gusto de cadaquén, a min gústanme con e sen loureiro.

Unha antiga receta, moi mariñeira, é acompaña-los percebes con cachelos (patacas cocidas con monda). Estes días os percebes medianos, que están moi ricos, van a 35 euros o Kg. Pero os bos, os grandes, superan os 100 euros. Se podedes pagarvos un capricho, adiante! Pero os pequenos están tamén moi ricos, saben a mar e quitan o gusaniño…

Que llo pregunten ao mariñeiro que está amarrando a chalana preto das casas dos mariñeiros, casas para coser redes e gardar aperos, pero parecen chalés:

Cedeira, lonxa 032.jpg Cedeira, lonxa 031.jpg

Texto e fotos: Fina Roca

Deixa unha resposta