Cedeira é unha das vilas máis tranquila das que coñezo. Cando era nena adoitaba ir de camping con toda a familia, acampando nun solar do Pucho, na praia, onde hoxe en día está o paseo marítimo e cabaña de Maribel. Que ben o pasabamos! Íamos todos os Roca, tíos, curmáns e resto de familia. Nós tiñamos unha caseta de madeira, a caseta de Oliva, con camas, liteiras e unha fiestra con cortinas coquetonas. A cociña era unha tenda de campaña e a ducha unha lona con regadeira. A auga colliamola da fábrica de madeira do Pucho cunha goma colgada das árbores. Hoxe en dia, onde estaban as fábricas, o Pucho, fixo un edificio de apartamentos. O Postineiro botaba a rapeta tódolos días e nós axudabamos a tirar dela. Meus pais seguen a veranear en Cedeira, pero non de camping, nunha casiña do Camiño Real da praia da Magdalena, miña nai segue a botar en falta a caseta e mailo camping. Moitos membros da familia Roca acabaron mercando un terreo, ou unha casa, nas zonas cercanas ás da acampada.
Meu pai, César, ven de cumpli-los 84 anos e, o seu irmán, Pepe, achegouse ata Cedeira para felicitalo cos seu fillos e netos: os Roca Bordello. A miña curmá, Loli, veu dende Murcia coas súas fillas para felicitalo!
Os patriarcas, César e Pepe Roca Golpe, e as súas donas, as matriarcas Oliva Díaz e Otilia Bordello, observando ás novas xeracións da familia:
Na casa dos meus curmáns:
Velaqui reunida a familia onde outrota tiñamos a mesa de madeira e unha barbacoa: Oliva e Otilia sentadas no banco…
Afortunadamente non tiraron as árbores anque a fonte está sempre moi cocha i espanta á vista. Comimos na Revolta, porque Luís, o seu dono, sempre nos tratou moi ben e coñecemonos dende sempre, mesmo foi o pescadeiro, en Ferrol, da miña tía Otilia, pero fai tempo que se dedica á Hostelería:
Na Revolta (Cedeira) celebrando os 84 anos do patriarca da familia ROCA:
César Roca observando a praia da Magdalena e mailo río dende o paseo marítimo de Cedeira:
Felicidades César!
Paga a pena visitar Cedeira, facédeme caso, visitádea agora que ven a feira do percebe:
http://www.cedeira.org/galego/index.html
Texto e fotos: Fina Roca