Entrando en Viveiro pola carretera da costa, en Covas, á altura do abandonado Pazo do Grallal hai un singular letrero co seguinte texto:
VIVEIRO EXCELENCIA TURÍSTICA. CEMITERIO
O cemiterio de Covas non ten nada de excelencia turística así que deberon colocar o cartel para que os turistas admiren os monumentos urbanísticos dos constructores sen conciencia. Abonda con seguir a flecha para confirmar o que digo…
Velaquí: O letreiro está colocado entre dous edificios en construcción, a escasos metros da praia de Covas, e porta con porta dunha fermosa casa típica galega. Viva a excelencia turística e Lei de Costas!
Detrás dos devanditos edificios hai unha escombreira, en plena calzada, e un cemiterio de lixo e chatarra, e que dicir da perforadora dos constructores Los Molineros, que se está a carga-las hortas coas personas dentro:
Entre o pazo do Grallal e o primeiro edificio, Construccións Rego, deixaron un estúpido calexón que se traga o muro do Grallal:
Claro que, este pazo ten a negra!
Para rematar as excelencias turísticas, o Concello debeu contratar a tres xinetes da Hípica de Xove, que se pasean a cabalo polas beirarrúas do paseo marítimo, dan un garbeo polo parque deixando pastar e cagar libremente aos animais, mentre eles se toman unhas cañas:
A imaxe dos xinetes a cabalo é moi linda, sempre e cando non cagaran e os xinetes recolleran a merda, coido, que non é lugar para atalos na cantina do camping ao lado das persoas, e moito menos ir ao galope polas aceras en horas puntas…
Seguirei a contar as excelencias turísticas de Viveiro, unha vila que pasou de ser a perla do Cantábrico a un abalorio sen gusto pola ambición dos constructores, promotores e políticos da quenda.
Fotos e texto: Fina Roca