Hoxe, por fin! Remata a concentración de moteiros en Viveiro chegados de toda a xeografía galega. E digo, por fin! Porque non entendo que, perante catro días e noites, teñan que cruza-la vila de arriba abaixo e de abaixo arriba, facendo ruído noite e día co tubo de escape trucado, tocando o claxon a toda pastilla. Vamos! Que para facerse notar abonda coa exposición e exhibición de motos e motocross nos lugares carismáticos ou na carpa que para a ocasión montouse en Celeiro, onde houbo un concerto de rock duro e hip hop, Sex Museum, non compartido polos mariñeiros xubilados do Gran Sol, pero que si contaba coas simpatías dos bares e pubs do lugar, que viron aumentadas as súas ganancias sen lles preocupar que, rapaces e rapazas, irresponsables, colleran as motos con máis índice de alcohool do permitido. Curiosamente, a garda civil, que está sempre na variante facendo controls de alcolemía, os días da concentración, brillou pola súa ausencia malia ter o cuartel xeral en Cantarrana, Covas…
A Fermosa ponte da vía. Oculta á vista pola ponte nova da variante, un claro exemplo do feísmo viveirense. A maior concentración de moteiros foi aquí, ao carón da ponte da vía, na variante de Viveiro, unha merda de estrada que fixeron baixo o governo de César Aja e Jaume Matas, para legalizar unha promotora da vara do PP.
Esquerda e dereita da ponte da vía. Á esquerda hai urbanizacións desmesuradas, á dereita, de momento, hortas, froitos e frores…
Namentras en Viveiro reinaba o caos con tanto moteiro descontrolado, no resto de Galicia, familias enteiras de moteiros responsables, reivindicaban a retirada dos quita medos e gardarraís das autoestradas, para evitar as mortes e accidentes de motos, sen necesidade de facer ruído noite e día cos claxon e tubos de escape; os moteiros tolos de Viveiro saltaban á toreira as sinais de tráfico e os límites de velocidade.
Dando voltas e reviravoltas, noite e día, a toda pastilla…
Claro que, en Viveiro, todo vale, tanto ten que mande! De feito a variente sempre está ocuapada por camións de gran tonelaxe que ocultan á vista dos conductores as sinais de tráfico:
Os camións non só tapan as sinais, senón tamén, os frigoríficos, non apagan os motores, para manter as cámaras activas co conseguinte desacougo das casas veciñas, que non poden durmir co rúido…
Pero, o peor dos moteiros é que, os seus seguidores aparcan, como os camións, onde lles peta, como este coche que aparcou en pleno acceso ao paseo fluvial do río Landro e aí se quedou perante toda a tarde noite do sábado 30 de xuño:
Para ver a matrícula e a foto en grande pinchar en guardar como.
O coche non se privou de nada, aí estaba antes e despois da concentración impedindo o paso ao paseo fluvial ante a indiferencia da policía local e de tráfico.
Tampouco é de recibo que os espectadores se encarmaran á vía do tren, rapaces moi novos e nenos, co conseguinte perigro sen que ninguén dixera nada. Afortunadamente choveu a cachón e a xente abandonou a vía do tren minutos antes da chegada do ferrocarril da costa.
Os peóns pasáronnas putas con algún moteiro irresponsable. A organización debería de expulsar aos infractores das concentracións de motos.
Texto e fotos: Fina Roca