O pasado ano nas miñas clases de Literatura Universal e nas tertulias dos xoves da Librería Nós (A CORUÑA)dedicamos un amplo espazo á lectura e comentario da obra do turco Orhan Pamuk, apostando firmemente pola concesión do Premio Nóbel, que ven de recibir.
Recomendo a lectura de Nieve (Editorial Alfaguara) para quen nada sabe deste maxistral autor…
Argumento:Un periodista, poeta, de 42 anos, solteiro, Kerim Alakusoglu (alias KA) que levaba doce anos vivindo en Alemaña, como exiliado político, decide viaxar en autobús a unha cidade turca, Kars, onde se estaban a producir varios suicidios entre as mozas do lugar, estudiantes ou casadeiras, por se negar a leva-la cabeza descuberta, segundo a Lei recén aprobada: na universidade e escolas, as mulleres non podían entrar co velo islámico (charshaf).
Se ben esta lei foi ben recibida por unha gran parte das mulleres turcas, para outras levar a cabeza descuberta era como desnudarse en público. Hai costumes e crenzas que non se poden obrigar a cumprir por Decreto-Lei…
A realidade turca está presente en toda a novela de 498 páxinas distribuidas en 44 capítulos. Por faltar non faltan, nin os Islamistas radicais (Azul) nin os actores teatrais que non deixan de ser máis que revolucionarios con poder (Sunay Zaim) capaces de utilizar a máis cruenta violencia en nome da “felicidade do pobo”. Vamos!
As protagonistas femininas non teñen desperdicio: Melinda é unha revolucionaria “porno” por amor, e Kadife unha suicida insolente.
A cruda realidade kurda tamén está presente. A loita entre Occidente e Oriente se ve nos diálogos do protagonista (Ka) con Necip (o marido de Kadife que morre dun balazo:
– Para que uno pueda ser ateo primero tiene que ser occidental (pág. 170)
Non hai que esquecer que en Alemaña viven + de tres millóns de turcos, islamistas, ateos ou xacovinos.
Ánimo! Leede a novela, paga a pena. Fina Roca.