No día das Letras Galegas (17 de maio de 2006) as Centrais Sindicais CIG, CC.OO.,UGT, CSI-CSI, ANPE e STEG anunciaron a bombo e pratiño un aumento salarial, felicitándose a se mesmas, polo acordo subscrito coa Consellería de Educación para mellorar as retribucións do pesoal docente. A subida salarial consiste en 150 euros ó mes repartidos en tres anos, é dicir, no ano 2007 o profesorado de moitos anos, vai cobrar 45 euros máis, brutos claro! Que cos descontos quédanse en 18 euros; no 2008 a subida será de 50 euros e no 2009 de 55, que cos descontos correspondentes equivaldrán, supoño, ó prezo dunha mada de grelos…
Que gran subida salarial!
O Corpo Doente, perdón docente, está que trina…
A subida é un descarado encubrimento para potenciar as melloras salariais dos equipos directivos nomeados a dedo, dos que os firmantes son parte e vez, amén das xefaturas dos Departamentos de Orientación, fronte ó resto de Departamentos de maior carga horaria, que están a administra-la miseria.
No Ensino Privado, subvencionado, os docentes maiores de 55 anos, teñen dereito á reducción horaria, na Pública non! Mal andan os Sindicatos cando se manifestan por separado o 1º de Maio, xuntándose só para saír na foto ‘docente’, despistando á sociedade coa precaria subida do profesorado de Infantil, Primaria e Sencundaria…
Falando das Letras Galegas! Non é casualidade, que La Voz de Galicia, anuncie tamén a ‘bombo y platillo’, como os Sindicatos, que os ‘galegos’ (126 lectores de unha enquisa a imitación da que se fixo en castelán o día do Libro, 23 de abril) elixiran a pabra ‘bolboreta’ como a máis fermosa da nosa lingua. Veña xa! Puro mercado! A Voz vende (por 3,95 euros) o film ‘A lingua das Bolboretas’ de José Luís Cuerda, basada nun conto de Manolo Rivas, que está a piques de sacar do prelo unha novela longa…
Mal anda que lle dedica un só día a súa propia lingua. Pero, Ollo! Que o Corte Inglés quere que non sexa festivo, para vender máis e mellor, tal como afirmaron onte na táboa redonda do Ámbito Cultural co gallo do 17 de maio… Fina Roca.