Houbo un tempo no que as familias reuníanse nas romerías, festas patronais, vodas, enterros…
Agora, vodas masificadas hai poucas, enterros, habelos hainos, como as meigas e, festas e romerías, non faltan, anque cadaquén vai pola súa conta, agás nos Caneiros (Betanzos) e no Naseiro (Viveiro) onde aínda podemos ver familias enteiras na mesma barca ou mesa, malia que os rapaces prefiren organizar botellóns.
A familia Roca está bastante ligada á praia de Covas de Ferrol, o Vilar, que grazas ás moitas chabolas da bisbarra con xardíns, consérvase virxe, xa que non construiron bloques de formigón como no resto do litoral. Velaquí a fermosa praia, ao fondo a de Doniños, incluso, hai chabolas con mesas camillas no exterior, enanos e froitas de plástico, o colmo da horterada nacional! Pero, que queredes? Prefiro esto aos bloques de formigón…
A praia de Covas, Ferrol
Praia e chabola con mesa camilla no exterior, forrada de tea…
Os irmáns ferroláns Roca Golpe, Esperanza, Maruja, Isabel, César, Pepe, Juan e Julio, -Fina morreu xoven- orfos de pai e nai dende nenos, son un claro exemplo de persoas loitadoras e testimuñas diretas da contienda do 36, da loita entre irmáns contra irmáns, de veciños contra veciños, bombardeos e fame, das miserias humanas dunha guerra incivil, inxusta e absurda.
Testimuñas do paso da ditadura á democracia, que celebraron arreo, e do século XX ao XXI. Só sobreviven os varóns, xubilados da Bazán e Astano, que saben moito da loita obreira na cidade departamental, ningún deles soporta os atentados contra a Democracia, e non entenden que montaran unha gasificadora na bocana da ría de Ferrol. Eu tampouco…
A súa vida é digna de novelar…
Os sete irmáns tiveron que traballar a mazo, bregando coas autoridades, para que non os mandaran a un orfanato e non deran en adopción aos máis pequenos, tal como querían facer uns parentes miserables: a tía monxa e un cura castrense. Cando quedaron orfos eran todos menores de idade, agás Esperanza e Maruxa: César, o maior dos varóns, tiña 14 anos, Julito era un bebé.
As mulleres asumiron o rol de mamás e papás.
Malia ter a vida en contra, non permitiron baixo ningún concepto, que arrebataran do seu carón aos seus irmáns máis pequenos, defendéndoos con unllas e dentes.
Todos/as souberon saír adiante, formando as súas propias familias, educando aos fillos en valores universais, facéndoos partícipes da escola de Giner e fomentando neles o amor ao estudio e traballo, tal como aprenderan do seu pai, Marcelino Roca, un socialista convencido, amigo de Pablo Iglesias, fundador do PSOE.
Esperanza (RIP), viúva de guerra, casou tres veces e tivo tres fillos: Pachola, Finita e Toñito. Maruja (RIP) casou cun loureado bombeiro de Bazán, Luís Gorgozo (RIP), quen tratou aos Roca como se fosen os seus propios fillos ou irmáns, froito desta unión naceron Victoria (RIP) e Ana; Isabel (RIP) casou con Manuel Gómez e naceron Maribel e Manolito. De César e Oliva, Fina e Teri. De Pepe e Otilia, José Luís, Jorge, Loly, Roberto e Quique; Juan e Mérida só tiveron un neno: Juan Carlos, o máis mimado e armadanzas maior desta xuntanza. De Julio e Pili naceron os máis festeiros, Julito e Piquiqui.
Un amor todos! Hai que lamentar a morte de Victoria, a máis seria, tranquila e serea de todos nós…
Os 17 curmáns, cando nenos, creceron coma irmanciños…
A casa da tía Maruja era a casa patriarcal, onde se celebraban os principais aconteceres familiares, como as festas do Pilar que era a patroa das casas baratas. As vésperas da patroa reuníanse as mulleres e nenos para facer as empanadas e as bollas de azúcar. Cando a Gándara era Gándara e Caranza, Caranza, a familia Roca, ía no coche de San Fernando, un pouquiño a pe e outro pouquiño andando, a merendar e comer ao campo, praia ou A Graña, nunca se perdían as romerías de San Pedro e Chamorro, amén das festas do Parque, das Pepitas e do Rosario, entre outras moitas. Cando había cartos ían na lancha ao castelo de San Felipe, Mugardos, Chanteiro, e cando non había un peso, o tío Luís, levábanos nos ascensores das casas do señorío, na Bazán deixábanos montar no coche de bombeiros e tocar a campaíña. Ter un tío bombeiro, do que presumíamos todos, era un luxo ao alcance de poucos cativos…
Os Roca e as súas respectivas parellas souberon desdramatizar os aconteceres vividos, fomentando a solidaridade humana entre todos eles. E foron mois festeiros, non todos, claro! Ían xuntos a todas partes, ao Naseiro, á Graña, de camping no verán, Valdoviño, Covas ou Cedeira. Pero agora os seus fillos e netos vénse pouco e para evitalo, os dous armadanzas maiores do reino familiar, Finita e Juan Carlos, coa incuestionable axuda de Tito, marido de Fina, decidiron reunir a todos no Vilar, no popular restaurante de Beceiro, viúvo da malograda Victoriña, famoso polos calamares fritidos. En certo modo, coido que, a xuntanza, foi unha merecida homenaxe á mellor prima e amiga, Victoria, que tivo a mala sorte de morrer no mellor da vida, xa que todos a tiñamos no pensamento.
Entre os descendentes directos dos Roca Golpe, había de todo, parados, xubilados, oficiais e suboficiais da Armada, empregados de Bazán, camareiros, cociñeiras, amas de casa, traballadoras/es por conta allea e empresarias, enfermeiras, profesores e profesoras de Primaria, Secundaria e Universidade, deseñadoras, conserxes, administrativos, informáticos. Que sei eu!
Todos/as gozaban de boa saúde e bo dente, o humor non faltou en ningún momento…
Xan Carlos pedindo cartos, cal camareiro, para facer fronte aos gastos. Estaba pletórico. Poucas veces vímolo tan feliz e cheo de enerxía.
Finita con Viky, a neta de Vitoriña, a nena é unha fotocopia da súa avoa, mesmo ten a súa mirada interrogadora.
Mentres se esperaba por Quique, o benxamín dos curmáns Roca Golpe, catedrático de Física e Química na Universidade de Santiago, que viña de lonxe coa súa muller e fillos, dábase boa conta dos calamares, pulpo, langostinos e chourizo caseiro, regados con bos tintos e brancos…
As matriarcas, Finita, Fina e Maribel, primas de maior idade, xunto con Xan Carlos, saíron a recibir a Quique, o curmán máis novo.
Faltaban Jossé Luís, Pachola, Ana e Loly, que non puideron vir por ter que traballar ou por vivir alén de nós.
Empezando a comer…
O máis pequerrecho, neto de Victoria e Manuel, bisneto de Maruja e Luís
Algúns curmáns nin se coñecían, quen máis, quen menos veu coa súa parella e, incluso, cos fillos; había 28 parentes entre grandes e cativos. O tío Pepe e a tía Otilia apareceron á hora do café, cousa que foi moi celebrada. Botábase en falta ao resto dos tíos! Nos descursos finais, que non foron poucos, decidiuse que, non tardando, habería que facer outra xuntanza con tódolos ascendentes e descendentes da familia, espallados polo mundo adiante.
O tío Pepe coa camisa azul era o patriarca dos presentes…
a tía Otilia, a matriusca…
Estivemos ata case a hora da cea, ninguén tiña presa por liscar. Desatouse unha tormenta de verán, chovía auga a Deus dar pero axiña escampou e houbo quen rematou a festa dos primos no Odeón, onde celbraban un rally de coches:
A meta estaba na Gándara, diante do Odión, onde nos bañabamos de pequenos antes de que fixeran o recheo e a ponte das Pías…
Fotos e texto: Fina Roca