Ensalada de tirabeques con espárragos

Os espárragos verdes frescos están en plena temporada, como os tirabeques, que son unha especie de guisantes moi tenros, riquísimos, baratos e fáciles de facer, mesmo podemos cultivalos nunha maceta.

http://es.wikipedia.org/wiki/Pisum_sativum

Ensalada para catro persoas: un quilo de tirabeques e cuarto quilo de espárragos.

                             Forma de facelos:

-Limpa-los espárragos quitándolles a terra e as partes duras por abaixo, lavar e deixar escorrer. Os tirabeques hai que lavalos, cortárlle-las puntas e quitárlle-los fíos laterais, que saen facilmente, como nas xudeas.

-Poñer a ferver nun cazo, alto, abundante auga, sal, unha cebola mediana e unhas gotas de aceite de oliva. Cando a cebola estea case cocida botar os tirabeques e os espárragos coas puntas hacía arriba. Deixar cocer todo sete minutos, pero se os espárrogos non son tenros hai que botalos coa cebola.

-Deter a coción lavándoos en auga fría, -conservarán a coor verde-, e deixalos escorrer.

-Facer unha vinagreta (aceite e vinagre) e cubri-la ensalada. 

recetas  e Burgo 021.jpg recetas  e Burgo 020.jpg Lavar, pelar e retirar fíos

recetas  e Burgo 024.jpg recetas  e Burgo 026.jpg Cocer en abundante auga, espárragos coa punta para arriba.

Que aproveite!

Fotos e texto: Fina Roca

Deixa unha resposta