Moellas de terneira con arroz e mexillóns…

 Confeso que ía falar do resultado das eleccións municipais, pero estou tan cabreada que é mellor cociñar. 

Vivimos nun tempo histórico no que tanto as dereitas como as esquerdas están máis preocupadas en saír na foto ca dar solucións aos problemas socias, empezando pola vivenda e seguindo pola inmigración. Todos gañaron! Non houbo perdedores! Escoitar a un, é escoitar a todos, se un ten máis votos, o outro ten máis de todo. Aburren a un santo! Seguen os mesmos, anque remontan as esquerdas (PSOE+BNG+EU) e as mulleres de tódalas tendencias, que non é moco de pavo. A nota política deuna Paquiño Vázquez instando ao seu delfín a pactar coas dereitas do PP, este home non ten remedio, non se resigna a vivir do papado, nin se conforma con ter mansións en todas partes, incluso, en Polonia, quere mandar na conciencia dos coruñeses con promesas inverificables de salvación eterna. Desta si que o seu fillo putativo, o devandito delfín Javier Losada, móntalle a catedral en Riazor en pago aos servicios prestados! Demasiados progresitas de pacotilla para o meu gusto, pero bendita democracia, que non nos falte nunca…

En fin! Ao que íamos…

As moellas (mollejas en castelán) de tenreira son unha das partes máis finas da vaca. Dan traballo pero paga a pena facelas. Son moi fáciles de dixerir.

Recetas F 002.jpg Recetas F 003.jpg Recetas F 004.jpg  Ingredientes: tres moellas frescas para catro persoas.

1-Metelas en auga fría tres ou catro horas para que solten o sangue. Cocelas perante dez minutos con sal, cebola e unha folla de laurel. Deter a coción mergullándoas en auga fría. Quitarlle-la pel e grasa. Escorrer a auga, metelas nun pano branco e poñer un peso enriba perante unha hora aproximadamente para que se aplasten. Unha vez aplastadas, cortádeas en cachos ou en filetes (fritas rebozadas están moi ricas).

2. Facede un caldo (vale calquera, de carne, verduras ou peixe) coa auga de coce-los mexillóns e as verduras que estimedes convintes, un puerro, zanahoria…

3. Picade cebola abundante, dúas cabezas de allos, medio tomate e abride unha lata cativa de champiñóns…

4. Unha cunca de arroz cocido, en branco, e lavado…

Preparación: Sofreir a cebola picada cos allos e tomate, engadir as moellas picadas e champiñóns, que se doren, engadir abundante caldo deixar cocer dez minutos, que queden tenras, e cando estean listas bota-lo arroz e os mexillóns sen cáscara. Que o arroz quede caldoso e como xa está feito todo consiste en botar máis o menos caldo. Espolvorear con pirixel e a papar! Que aproveite.

Nota: como tódalas cousas convén facer os preliminares o véspera, ter o fondo de neveira co caldo, as moellas limpas etc.

Fotos e texto: Fina Roca

 

?

Deixa unha resposta