Veciños de Monelos reuníronse, onte, ante a futura sede do IMELGA coruñés, sito na rúa Juan Neira, na popular travesía de Monelos, para protestar en contra da ubicación da sede forense e das carencias do barrio, convocados pola asociación de veciños Fuente de las Pajaritas, que leva anos reivindicando un local social e un cruce de peóns con semáforos fronte a rúa Juan Neira.
Rúa Juan Neira.
Membros da Asociación veciñal colocando a pancarta nos baixos de Raminosa, onde vai ir o IMELGA , actualmente, está nos xulgados, que é onde ten que estar. Aínda ben non colocaron a pancarta apareceron a toda pastilla dous coches do 091, atrancando aínda máis a rúa Juan Neira, onde, os desaprensivos, aparcan en doble fila, nas beirarrúas e, incluso, en plena curva e diante dos garaxes malia ter o vado perfectamente señalizado e pagado.
Policía municipal e grúas non aparecen nunca por Juan Neira por pertenecer a ese tipo de rúas, que non ven os turistas. A Coruña que se ve está moi linda, pero a que non sae na foto da noxo! O parque de Oza, na bisbarra de Joaquin Galiacho e Juan Neira, está cheo de merda e as rúas pechadas a cal e canto.
Os veciños, de momento, non van reivindicar aparcamentos para residentes, como existen nos barrios señoriais, pero van cansos de chamar ao concello para denuncia-la situación da rúa, sin que ninguén lles faga caso, a única vía que lles queda é manifestarse tódolos xoves. Ou sexa, munipas e Concello pasan dos problemas desta emblemática zona e, aínda por riba, queren ubicar aos forense nos baixos das vivendas familiares, nas que os veciños hipotecaron toda unha vida.
Faltaría máis! Que leven o Imelga para os baixos da casa de Losada, o actual alcalde, ou para o mirador de San Pedro, alí teñen un bo ascensor para os osos dos mortos e delincuentes.
O 091 apareceu en Juan Neira, tan pronto como colocaron a pancarta nas fiestras do futuro instituto forense, que está porta con porta do Liceo de Artesanos de Monelos.
Velaquí como aparcan os munipas nos pasos peatonais, miúda maneira de das exemplo. Dous coches contra cincuenta veciños. É moito…
Membros da comunidade de propietarios do edificio de Raminosa, presentes na concentración de ontes, manifestaron que nin a Xunta de Galicia, nin o Concello da Coruña, pediron permiso aos copropietarios do edifico para facer o Imelga, como así reina nos seus estatutos.
Fotos e texto de Fina Roca
No cartel de obras, onde vai ir o Imelga, está especificado o nome da arquitecta, promotor e licencia, pero non aclaran, como é preceptivo, a que se vai dedicar a obra. Lévanno todo con moito segredo. Cabe subliñar, que non respectan o descanso semanal, xa que os obreiros dos baixos de Raminosa, traballan sábados pola tarde e festivos, saltándose á toreira o convenio regulador da construcción.
Os veciños, reunidos na rúa de Juan Neira, quedaron emplazados para o próximo xoves diante do centro cívico de Monelos ás oito e media da noite, van distribuír información do cadro reivindicativo das asociacións veciñais e recollida de firmas para protestar polas carencias do barrio, ausencia de paso de peóns diante de Juan Neira, relización do parque de Oza, local social, non o Imelga, etc.
O IMELGA, Instituto de medicina legal de Galicia, ten as seguintes funcións entre outras moitas: Antropoloxía forense, analizar tódolos restos óseos que aparecen en Galica, Patoloxía forense, realización de autopsias por morte violenta ou natural -contrátase o servio dunha funeraria que transporta os mortos ata as dotacións do Imelga- e valoración do dano corporal, ben por violencia de xénero, ben por delincuentes comúns, asasinos…
?