No ano 1995, en Paris, a Unesco proclama o día 23 de abril día internacional do Libro, a petición da Unión Internacional de Libreiros, habida conta que un 23 de abril do ano 1616 morreron dous grandes das Letras: Cervantes e Shakespeare. Cabe subliñar que, en España, celébrase o devandito día dende 1926 en honor do autor do El Quijote. Asemade, dende 1974, ese día entrégase El premio Cervantes, en masculino, claro! Xa que, en 33 anos, só dúas mulleres tiveron dereito a tan ilustre galardón: a poeta cubana Dulce María Loyuaz (1903-1997) e a malagueña María Zambrano. Será por mulleres? Vamos! Xa falaremos mañá de a quen lle deron o premio, o pasado ano foi para Antonio Gamoneda…
Propoño practicar o bookcrosser para participar activamente no día do libro…
A librería Nos de A Coruña terá as portas abertas ata as 12 da noite para contar historias e ler, Cecilia, a libreira, propón regalar libros para a cárcere de mulleres cunha dedicatoria e frases ‘literarias’. Pareceme ben…
Bo día! Que non se diga! Regalemos un libro e unha flor, se pode ser, como en Cataluña. Fina Roca.