Merche Antón, actriz, cantante lírica e poeta, vén de presentar o seu poemario Esconxuros na Coruña. Pasar unha tarde outonal no incondicional marco do salón de actos de Portas Ártabras, na cidade vella, non ten prezo! Un luxo escoitar á poeta e ao actor Santiago Fernández recitar os versos de Merche Antón. Cabe subliñar que o poemario está ilustrado por Siro quen fixo unha interesante presentación da autora e do seu libro editado por Medulia. As reflexións de Merche sobre esperar tanto tempo para publicar a súa lírica noin deixaron indiferentes a ninguén.
Santiago Fernández, Siro López e Xulio Valcárcel.
0:35 / 1:59
0:00 / 1:11
Luz Darriba, Myriam Goluboff e 7 máis