Indígnate…

Indígnate, segunda parte, dedicada a Carlos Jiménez, o mellor showman da RTVG, da radio idem e do mundo mundial. Aos cinco minutos de publicar o de indígnate, xa estaba el chateando conmigo para que llo contase todo con pelos e sinais, dende entón non fai máis que mandarme e-mails con certo morbo e colgando as fotos da desfeita no facebook, facendo porras por ver se me facían ou non caso. Pois sí queridiño, xa sabes que cando me indigno arde Troia, pero desta vez, farta de andar berrando sempre, filmei o corpo de delito, chamei a policía local e amenacei ao constructor con paralizarlle a obra: remedio de santo. Ese mesmo día xa me estaban a quitar a capa de po branco e hoxe as cinco da tarde viñeron coas máquinas aspiradoras e mangueiras: luz e maila auga de obra. Faltaría máis…

Fago constar que estiven na cadea humana e nas jaimas dos Indignados coruñeses do obelisco. Publicarei algo sobre o mesmo agora que recuperei a autoestima. O mellor de todo esto, foi ver a meu pai (88 anos) resucitando do letargo mental, bastón en man, cal macho alfa, amezándoos, como non me fixesen caso. En dúas horas deixaron todo como os chorros do ouro, incluídos os cristais. César ofreceulles una cerveza, pero advetíndoos de que non volvesen repetir a desfeita. Rimos a cachón os obreiros e máis eu, pois eles non teñen a culpa de facer as cousas mal: son os constructores e os promotores os que mandan. En fin! postas a pedir vou ver se me pintan a terraza polas molestias recibidas. As prantas procurei podalas agora mesmo para que resuciten na súa totalidade…

Velaiquí empezando os preparativos:

Fina Roca, Limpieza terraza tras la denuncia 002.jpg

O antes e o despois, anque nas anotacións anteriores podes velo antes moito mellor

Fina Roca, Limpieza terraza tras la denuncia 003.jpg

Cesar revisando a limpeza:

Fina Roca, Limpieza terraza tras la denuncia 004.jpg

Fina Roca, Limpieza terraza tras la denuncia 006.jpg

Texto e fotos: Fina Roca

Deixa unha resposta