Larpeiros…

nota supletoria: vale! Graciñas por todo pero non sigades a mandarme e-mails porque non dou feito, estou de novo con vosco grazas a un amigo fiel. Carlos, prometo publicarlo todo cuando veñan coa máquina a limpar. Xa empezaron onte pero a man, había que ver ao meu pai ameazándoos co bastón e explicándose coa policía local.

Agora imos falar do que verdade importa, de Literatura culinaria:

Novas receitas da cociña de larpeiros de BENIGNO CAMPOS, esta vez con música, publicada pola editorial Galaxia, que recén vén de presentar na Librería Nós, con abarrote no Parrote. Non vou contar aquí como me gustan as presentacións de libros onde teñen que ser: nas librerías tradicionais. Sabédelo de sobra.

http://www.librerianos.com/

O caso é que eu son unha fiel seguidora deste programa da TV Galega, porque me gusta comer e cociñar, e porque está moi ben levado. Primeiro Tomás vai facer a compra da receita recomendada ao mercado, ou directamente a ría, a recoller almeixas coas mariscadoras ou as bateas polos mexilóns; mesmo coas carnes, polos, cocho ou terneira galega sempre vai ao lugar de producción, bos productos da terra, cando non vai ao bosque a recoller fungos ou noces, e logo Benigno e Loliña cos mandiles de Larpeiros van mostrando a receita paso a paso, na cociña dun pazo maravilloso, cantando mentras cociñan, como facía miña nai, para acabar gozando da boa mesa con dous ou tres invitados nos xardíns, ou comedor do pazo en tempos de inverno. A xenta nova mesturase coa vella, e todos tan contentos. O formato é ideal para aprender e entreter, que é o que de verdade importa. Benigno, na presentación en Nós, prometeume, agora que empeza a campaña do bonito, de preparar unha exquisitez da Mariña Luguesa, de Viveiro e Celeiro, concretamente, o bonito en roio, unha das miñas especialidades culinarias. Unha cociña fácil e saborosa coma a de Benigno e Loliña, aderezada con cantigas populares, paga a pena seguila, mercar o libro, non vos arrepentiredes. O libro vén cun CDE das cantigas subliñadas, só lle falta o mandil.

http://www.crtvg.es/programas/?m=3&p=431

Veaiquí a Benigno firmando libros, quedoulle a man esgotada de tantos como tivo que firmar.

A librería Nós invitou a todos os presentes a un ágape e alvariño, que te cagas, das bodegas Pazo Casanova.

Texto e fotos: Fina Roca

Deixa unha resposta