PUPO, UN MARIÑEIRO DO GRALLAL, Viveiro

Xosé Manuel Chaves Álvarez, alias Pupo, é un popular mariñeiro do Grallal a quen podemos ver nos días venteados da baixamar percorrer a praia de Coivas (Viveiro) voando veletas de fabricación caseira, ou navegando pola area mollada mediante unha vela con carriólana, ou patín. Fillo de Balbina da Raia, Pupo, pasa a vida na praia na casa da súa nai, única construcción decente do paseo marítimo de Covas a Xeiramar: unha casiña mariñeira con balcón de artesoado de madeira, pilón diante da porta e alpendre para secar chicharros lañados, no Pazo da Raia, clara alusión aos seus veciños do abandoado Pazo do Grallal, do  que prometo dar cumprida información xa que tan rico Patrimonio non pode seguir nas mans dos imbéciles e especuladores.

Ao que íamos, este singular mariñeiro, recórdame, incluso na súa estética, ao chifrado profesor Bacterio do TBO, quen era incapaz de estar inactivo e non paraba de inventar sofisticadas máquinas realizadas con obxectos comúns e senlleiros. Inspirado nas fontes Zen, que descubriu de casualidade por Internet, Pupo, deitándose da forza hidráulica do río de Covas que desemboca ao carón da súa vivenda, ven de facer un Batán e unha Noria cos cinco elementos principais da filososofía nipona: auga, canas de bambú, lume, terra e metal, un caldeiro e a roda dunha bicicleta. Unha pequena presa feita coas pedras da praia conduce o líquido elemento ate a noria que ao moverse acciona os mazos cargando a augua nos vasos e distribuíndoa a diversas alturas. Outro pequeno canal (xa dous) á maneira de batán conduce a augua ata unha cuba bagtendo con forza nun caldeiro (ou madeiro) facendo rúido entre carga e descarga: ‘Este trebello utilizábano nas aldeas para afuxentar aos xabarís dos campos de millo. Puñan a pota vella do caldo boca abaixo, pero, se eu poño unha pota faría tanto ruído que non deixaría durmir a miña nai. O bambú regaloumo Xavier Pernas’. Dicíamae Pupo todo cheo de razón pensando nun novo invento…

Artigo publicado en El Heraldo de Viveiro:  17 de agosto de 2010 

Velaiquí a Pupo ante a súa obra q que ven de engadir outro batán e unha ducia de troitas na represa.  

Fina Roca. Pupo. Covas 1-8-10 010.jpg

Fina Roca. Pupo. Covas 1-8-10 005.jpg

Fina Roca. Pupo. Covas 1-8-10 003 A noria de Pupo.jpg

 

Pupo coa súa familia diante da casa e coa súa nai.

 

Fina Roca. Pupo. Covas 1-8-10 012.jpg

Preparando a vea para navegar.

Fina Roca. Pupo. Covas 1-8-10 017.jpg

Texto e fotos: Fina Roca. 

Deixa unha resposta