Baixo o nome de Malá Utopie (Utopía de muller) ven de inaugurarse na galería coruñesa de Alen Klass http://www.alenklass.es/ unha singular exposición de Fotografía da artista checa Eliska Fischerová (Khiria)
O acto de presentación estivo moi animado, concurrido e divertido: Alex actuou de intérprete, a pintora Rosa de descubridora de xenios e Eugenia de mestra de cerimonias.
Eliska Fischerová ten 22 anos, é unha das modelos alternativas máis prestixiadas da República Checa e unha das promesas máis importantes da fotografía deste país que paga a pena visitar anque só sexa de forma virtual: http://www.disfrutapraga.com/
Eliska empezou pintar con sete anos de idade, pero, aos dazasete, descubriu a fotografía dixital e quedouse prendada do photoshop e até de agora. Estudiou fotografía no Instituto da Arte e Comunicación Visual de Praga. Se serve de se mesma, oomo modelo, para facer as fotos, e tamén se deita das súas amigas.
Velaiquí coa súa estética gótica e coa súa nai, quen non quixo perder a primeira exposición da súa filla en España.
Autorretratos:
Aspecto de Alén Klass Arte, unha sala de exposicións modesta, que está a marcar o ritmo artístico da cidade coruñesa dando a coñecer e descubrindo grandes artistas de talla universal.
Esta foto chamou poderosamente a atención: a modelo é unha amiga de Khira, pero tanto á dereita como a esquerda aparecen dúas pantasmas que para se quixer o presentador de Milenium.
A exposición estará aberta do 3 ao 25 de xuño de 2010: C/ Dolores Rodríguez Sopeña, 9, A Coruña.
Texto e fotos: Fina Roca