Non podo evitalo, me cabrea tanto arboricida neste parque, que se ben por zonas pode que ate quede ben, -grazas a oposición veciñal á tala indiscriminada- por outras a substitución da cor verde polo cemento e asfalto da mágoa velo. Nunca entenderei que se poda acabar con tantas arbores centenarias, frondosas e frutais – manciñeiras, pereiras, cerdeiras, zorolleiros ou figueiras-para acabar poñendo palmeiras ananas ou cipreses, pero, desto levo falando largo e tendido neste blog dende que empezaron as obras a bombo e plaltillo.
Losada non admite críticas adversas e, incluso, insulta ás súas propias electoras chamándolles maleducadas. Por que? Por negarse a saír na foto con el e por plantarlle cara cando ousa dicir que as árbores taladas estaban enfermas. El sí que está enfermo de poder e soberbia…
Nesta zona vivía xente do común, que cultivaban as súas leiras…
No caso que nos ocupa unha imaxe vale máis que mil palabras: vealiquí o antes e o despois.
E chegaron os destructores:
Teño fotos a moreas do día a día…
É curioso, mentres eiquí sustitúe bosque e leiras por cemento, o alcalde, fai leiras nos xardíns da Mariña, fronte ao porto deportivo: un xardín a base de porros, coliflores, leitugas, repolos de Betanzos e máis cebolas. Para quen son a leña e mailos productos da horta da Mariña. Non ten desperdicio, mirade:
Texto e fotos: Fina Roca