Hoxe Domingo de Ramos escomenzaron os actos litúrxicos da Semana Santa e, este ano, decidín percorrer as parroquias menos emblemáticas a nivel turismo, para saber como se vive o Domingo de Ramos a nivel barrio. Pagou a pena visitar a parroquia de Santa María de Oza, en Monelos, A Coruña…
A procesión da borriquiña en Viveiro, Ferrol, Coruña, Lugo, Santiago ou Ourense remóntase a épocas ancestrais e son transmitidas pola TVGa, pero, observar en directo como se mantén a Liturxia en barrios como Monelos (A Coruña), problemáticos, periféricos e asociados ao mundo da droga, do paro e xubilacións adiantadas, é moito máis interesante e, incriblemente, máis positivo ca aqueles lugares de interés turístico. Podedes ver nesta mesma páxina o derradeiro asesinato ocorrido nesta zoa, na Rúa da Igrexa. Pero, créedeme a xente do lugar é familiar, boa xente, que se preocupa polos gatiños, polos anciáns e nenos a tódolos niveis, malia a fama do trapicheo de drogas…
A Igrexa da Parroquia de Santa María de Oza está porta con parta das primeiras vivendas sociais coruñesas de integración xitana, un barrio cheo de churembeis/las que xogan no atrio da Igrexa baixo a atenta mirada das súas nais e avoas. Nunca houbo problemas coa parroquia malia que a meirande parte dos xitanos pertencen a Igrexa Evanxelista e que adoitan facer as barbacoas e tende-la roupa nas beirarrúas da Igrexa. Que queredes? A min, estéticamente, moléstame máis o polideportivo do IES de Monelos que pegaron a fermosa Igrexa de Santa María de OZA, que as bragas, calzoncillos ou sabas, que os xitanos tenden na acera da Igrexa, como podedes ver nestas páxinas. Os xitanos/as, cando pasamos diante deles, adoitan dicir: que pase a boa xente, e iso reconforta a calquera.
Na parroquia da que nos ocupamaos, a Eucarestía do Domingo de Ramos, celébrase no Atrio da Igrexa, ao aire libre, ao pe do fermososo cruceiro de pedra; a misa, cantada por parroquíáns dirixidos maxistralmente por unha muller moi nova, invita ao recollemento e reflexión. Como en toda A Coruña, e Galicia en xeral, o crecemento cero da pobación, -agás entre a poboación de etnia xitan que son evanxelistas a meirande parte- notábase na celebración de Monelos: palmas e palmeiras portadas por nenos ou nenas había poucas.
Ramos a base de loureiros e olivos había moitos pero portados por xente maior coas súas mellores galas, como manda a tradición. A misa, en castelán, pero, os cregos, logo da Eucaristía, falaban en galego cos seus fregueses/as. Co linda que é a Eucarestía en galego…
Velaiquí algunhas imaxes que inmortalizaron o Domingo de Ramos en Monelos:
O coro da parroquia:
Sinceramente, que molesta máis? A roupa a secar dos xitanos que viven no edificio de enfronte ou o pabellón deportivo do IES de MONELOS?
Texto e fotos: Fina Roca
?