Antes e despois:
Coruña:
A) Rúa da Igrexa (Monelos) 1 de marzo de 2010: Fermosas casiñas de pedra con patio, solana e horta.
B) 5 de marzo de 2010: sábado ás cinco da tarde. López Cao non pasa crises, perante a semana ten os camións traballando para o Concello de A Coruña, e os sábados, malia o convenio da construcción, traballa para as empresas privadas que sustitúen esas casas tan lindas que rodeaban o parque de Oza por eses monstrencos de cemento. Asemade a devandita empresa, aproveita o descanso semanal de mediodía para poñer a traballar ao capataz da obra, obreiros e camioneiros para vallar e levar o desentullo das casas derruídas do Camiño da Igrexa para o propio parque de Oza, para detrás do Instituto de Monelos.
Velaquí:
C) Namentras os sufridos veciños aguantan as desfeitas e consabido po nas casas e patios interiores. Van para catro anos que están a aguantar o que se ve nas fotos. E o ALCALDE da cidade orgulloso de todo cos seus camións expositivos de fotos baixo a plica de presuma do seu barrio. Hai que foderse!
Maravillosas construccións no entorno do parque de Oza na rúa da Igrexa: en lugar de agrandar o camiño o achican aínda máis. Apenas pasa un coche con dificultade e aínda queda o consabido bloque de cemento que van a facer no lugar que estamos a ver. Vamos! Que construccións López Cao fórrase e Urba + tamén: todo queda na casa.
Os camións que traballan en sábado cargan os pilares de pedra das casas da desfeita e mailas vigas de madeira noble, que de seguro constiúen un novo negocio sen IVA. E os Sindicatos calan. Quen máis quen menos pon o cazo para beneficiarse da crise: a Lei do Cemento continúa.
Non contentos con encher de merda os pisos e patios interiores das Rúas colindantes, aínda por riba meten os colchóns que atoparon na obra nun dos patios interiores sen que ninguén o remedie. Alguen quere maís?
Texto e fotos: Fina Roca