En Viveiro o martes de Entroido xa non é o que era pero con todo, malia chuvia e o frío, as comparsas e mascaritas saíron a rúa celebrando e homenaxeando a don Lardeiro. Pola mañá a comparsa da ONU (unha das máis veteranas) percorreu tódolos bares e rúas para anima-lo cotarro, desfilando pola tarde pola estrada de Viveiro como manda a tradición. A ONU é popular polas suas letriñas cargadas de retranca contra as autoridades civís da ilustre vila viveiresa que este ano materializaron baixo a plica ORQUESTRA menudo PANORAMA:
Velaiquí:
Na rúa de abaixo:
Na Fontenova:
No Bar Normandía da Zapatería:
O desfile empezou as cinco da tarde baixo unha chuvia desa que parece que non molla pero empapa:
A idade non importa, había dende bebés ata persoas moi maiores:
Os larpeiros de Pénxamo tiñan moita marcha e ían facendo filloas e rosquillas que distribuían entre o público:
Os presos vendían as motos por falta de puntos:
Os xubilados non faltaban, nin os caracois, nin as chicas do can-can, nin os picapedras:
A xefa da estación toma folgos para dirixir o cotarro:
Texto e fotos: Fina Roca.
?