Mentres preparo novas receitas solidarias, invítovos a visionar este video, super interesante, sobre os costumes das persoas segundo lles toque nascer ou vivir nunha parte ou outra do mundo. Non serei eu quen xuzgue cal é a mellor sociedade ou relixión, pero non podo xustificar o integrismo veña de onde veña…
O burka pode ser moi beneficioso no deserto, porque o que tapa o frío, tapa a calor, pero en situcións normais non deixa de ser máis cun espantallo que atenta contra a dignidade humana, das mulleres concretamente. Teño moi claro que todo home que obriga a taparse da cabeza aos pes as súas mulleres é que non confía en se mesmo, que é un acomplexado. Eles, integristas islámicos, os varóns, báñanse nas praias como os europeos, pregúntome, por que non se bañan vestidos e elas en bañador? En fin, abride o vídeo e logo xa falaremos.
Moslem.pps (application/vnd.ms-powerpoint) 3.001,00 K
Texto: Fina Roca