Hoxe non imos gastar nada en comer, porque témolo caldo feito, sobrounos unha carrilleira cocida e temos unha leituga. Así que xa sabedes: o que aforredes para as ONGas de Haiti. Nunca crin que estas receitas tivesen tan boa acollida, graciñas e a mandar. Moitos pregúntanme de onde saco o tempo? Custión de organizarse: ir á praza un día a semana, mercar productos de temporada e organizar o fondo da neveira. Levar a lista do que de verdade necesitades ao supermercado e non comprar nada do que non estea na lista. Mentres ves televión, escoitas a radio, ou música, podes limpar verdura, cebolas, allos e mantelos no frigorífico, a verdura podes escaldala e conxelala en racións. Mentres escribes no ordenador, lees ou estudias podes cocer carne e osos a lume lento, gardar o caldo resultante previamente colado en frascos e sempre terás para facer un consomé, soupa ou caldo. Se tes que facer croquetas, un día fas a masa, outro as enroscas e outro as fríes, ou as conxelas. Hai que tomar as cousas con calma para ter tempo para todo. Eu perteñezo a ese grupo de mulleres traballadoras que traballamos dentro e fóra da casa, coa salvedade de que a miña profesión me gusta e cociñar me encanta, porque me relaxa moito, como pasear e nadar.
Menú do día:
1º prato: unha cunca de caldo que temos feito do véspera e metido na neveira.
2º prato: cortar a carrilleira cocida en filetes, rebozar en fariña e ovo, fritir en aceite e escorrer. Ou semplemente comela así, á prancha, ou con salsa de tomate…
3º : a leituga para acompañar as carrilleiras, tomate e cebola, aliñada con aceche e vinagre. Convén ter as follas limpas na neveira e as cebolas peladas, que como os allos, consérvanse moi ben nos frascos reciclados de cristal.
Texto e fotos: Fina Roca.