Antonte iniciei cos morros frescos de terneira (la papada de la vaca) unhas recetas solidarias, moi apañadas económicamente, para que os que están en crises no mundo occidental podan comer ben e aforrar algo para mandalo a unha das ONGas que traballan en Haití para poder acabar coa miseria.
Parrochiñas frescas:
Un quilo de parrochas (sardinitas) oscila entre tres e cinco euros. No mercado de abastos, tres euros. Podémolas facer de varios xeitos: asadas (coa cabeza), fritas (con o sen cabeza) e afogadas.
Fritas ou asadas con cachelos (patatas cocidas con monda) dan para tres racións acompañadas dunha boa ensalada. Pero para fartarmos recomendo as afogadas: nunha terteira poñede un quilo de patacas cortadas un pouco máis grosas cas da tortilla; enriba das patacas un tomate grande en rebanadas, un pimento en tiras e unha cebola en xuliana. Cubrir con auga, azafrán e un chorro de aceite de oliva. Deixar ferver o guiso ata que as patacas estean case listas, engadir as parrochas e uns puñado de guisantes conxelados.
Total gasto para catro persoas: catro euros. Queda un como mínimo para mandar a Haití, non si? Ánimo ese euro que non falte, pero ollo cos bancos que cobran comisión, regateade con eles, chamadelle rácanos, miserables, rastreros etc… Se tedes nómina e vos cobran comisión por mandar axuda económica a Haití, cambiade de banco e punto
No escurridor hai medio quilo de parrochas, que podedes fritir, ou outro medio Kg facelo á maneira de ‘parrochiñas afogadas. Enteiras con tripa e cabeza están moi ricas: enfariñar para fritir. Aliñadas con allo e pirixel enriquece o sabor das afogadas.
Foto e texto: Fina Roca.