Na Coruña os reis magos chegaron en tren. Milleiros de nenos, avoas, nais e pais agardaban por eles na Estación de San Cristóbal. As seis menos dez empezou a cabalgata, como se pode observar no reloxo da torre, un recorrido espectacular dende a estación ata María Pita, pasando pola fonte de Catro Camiños. Ninguén perdía pancada, os pequerrechos a cabaliño dos seus proxenitores, e no colo dos avós e avoas. Os caramelos -este ano habíaos para cilíacos-voaban por riba das cabezas e, coma sempre, ao querer collelos, houbo algunha insesperada caíada. Había cativos/as con bolsas cheíñas de caramelos, os máis listos puñan o paraugüas ao revés. Os bombeiros coa estrela de Belén e o carteiro real guiaban a Melchor, Gaspar e Baltasar. Baltasar era un rapaciño de cor moi noviño, que non paraba de botar bicos e caramelos, gozaba a mazo co evento. A incorporación a Avenida para acceder á praza de María Pita foi perigroso. Xinetes e amazonas da Hípica acompañarn aos reis. E detrás de todos, pechando a cabalgata, ían as tanquetas de limpeza absorvendo os confettis. A cabalgata da Coruña, non é como a de Madrid, pero vale, xa ilusiona a nenos e maiores…
Velaqui:
Texto e fotos: Fina Roca.