O delfín de sir Paquiño Vázquez, LOSADA, inaugura a Praza de Elviña atrincherado con barreiras e policías

Losada, actual alcalde de A Coruña, no acto inagural do mercado de Elviña (25-O5-06), parecía un faraón…
Que abafante!
Dende as seis da tarde a zona estaba acordoada con barreiras metálicas, policías nacionais e locais, que impedían a libre circulación polas beirarrúas, estradas e pasos de peóns regulados por semáforos. A indiganación era manifesta entre os veciños da zona, xentiña do común de moitos anos, que tiña que da-la volta para entrar nas súas vivendas, ou para ve-los touros trala barreira, pois non era cousa de enfrontarse ós morroscos da Policía Nacional, para ver de cerca á comitiva municipal, adláteres e resto de preclaros invitados a tan egrexio evento.
Un fato de vendedores, disidentes e pacifistas, reivindicaban ó dereito a te-la praza na planta baixa do mercado, cantando consignas en contra de Losada, Barcón e resto de mandamáis de turno…
Para acceder á Praza de Abastos e beber un viño na supercarpa inaugural, que pagamos todos/as, había que ter rigurosa invitación do concello…
O alcalde/delfín rodeado de cámaras de TV e xornalistas, puxo a caldo ós vendedores disidentes, que é o colmo do cinismo universal…
Que soberbia!
Losada debería facer un curso de pronunciación…
Mi madriña! Que mal fala este tío en castelán! Non hai deus que o entenda! Que fonética tan estúpida e que sintaxis tan desastrosa. Os seus discursos demagóxicos soan peor cós de Sir Paquiño Vázquez, o embaixador do Estado máis pequerrechiño do mundo, Cidade Vaticano, no que só teñen dereito a voto os varóns con rango: bispos e cardenais…
Cabe subliñar que, os disidentes do mercado con sus mandís e pancartas, denunciaban a marbellización do concello coruñés…
Vamos!
Non é de recibo trasformar unha praza de abastos nun centro comercial á maneira do Corte Inglés, no que por faltar non falta nin Adolfo Domínguez, nin o PC-City…
Ó día seguinte (26-05-06), Losada, na súa habitual cita con Radio Voz, dixo que <>.
Mira ti! Que pico de ouro…
Xa sabedes! Quen non estea de acordo co seu horario ou posto de traballo, que renuncie, para contentar ós xefes e alcaldes de turno…
Non é de recibo que un alcalde socialista utilice os coches oficiais, prensa e forzas de seguridade para inaugurar un mercado de barrio, atacando impugnemente a 20 vendedores pacifistas, a meirande parte mulleres, que estaban a defender o seu pan…
Fina Roca.

Deixa unha resposta