Soho coruñés…

O Soho inglés é unha mestura do mellor e peor de Londres. Neste barrio agólpanse os sex shops e a vida nocturna más intensa dun barrio divertido,  liberal e cheo de curiosidades, onde a comunidade gai xoga un papel primodial: gran parte da prosperidade do Soho débese aos gais. Outrora era un barrio sucio, sórdido e falto de graza, onde a prostitución campaba as súas anchas:

http://es.wikipedia.org/wiki/Soho_(Londres)

O Soho coruñés nace en abril do ano 2008 coa mesma idea do soho londinense: dar vida a unha zona do casco vello coruñés íntimimamente ligada ao antigo barrio de putas, o Papagaio, inmortalizado por Camilo José Cela na súa primeira novela A Familia de Pascual Duarte. Hoxe en día, o cemento, gaña terrreo as tradicionais casas galegas de baixo, piso e sobrado, que todavía podemos ver no Orzán á sombra dos rañaceos. A zona, paralela ao paseo marítimo e praia do Orzán, está moi ben situada e a especulacicón urbanística é evidente.

Todos os primeiros sábados de mes reúnense un fato de artesáns, pintores e músicos no Soho coruñés coa idea de dar un pulo aos bares e locais da zona, emulando ao soho inglés. Fátalles moito pero todo se andará. Nesta especie de mercado liberal das Artes predominan os expositores novos…

Os organizadores (comerciantes do Orzán) fan atractivas ofertas para atraer os clientes, como asar carne na rúa e obsequiar cunha ración a quen gaste no soho un mínimo de 10 euros, ou sortear vales de compra por valor de 100. Charangas e paiasos animan a rúa do Orzán, dende o cruce de San Andrés ata a praza de Pontevedra…

O tempo non os acompaña, alomenos por agora, pero paga a pena achegarse a zona e mercar dende un cuadro, ata mel, agardente, queixos, perfumes, xabóns, roupa ou xoias artesanais. Por faltar non faltan nin as ONGs, nin os coleccionistas de selos, e tantas outras cousas.

Velaquí o Soho do Orzán de hoxe a pesares da chuvia:

O laureado pintor, e arquitecto, Oscar Cabana  Picado, deuse coñecer no soho coruñés, para él é un orgullo expoñer a súa obra na beirarrúa do Orzán, malia colgar os seus cuadros en recoñecidas salas de exposicións.

A vendedora de mel e aguardentes de Galiza:

A charanga e un taller de alfarería:

A tenda das esencias e perfumes:

Asando costela de cocho para obsequiar aos clientes e visitantes do Soho:

Texto e fotos: Fina Roca

Deixa unha resposta