Vila Nova de Cerveira é un concello portugués que ofrece condicións envidables para os amigos/as de viaxar.
Cerveira fica na marxen esquerda do Rio Miño que fai fronteira con España. Esta cerca de Valença do Miño, a 37 km de Viana de Castelo e a 100 de Porto. Foi fundada por don Denis en 1320. Conta a lenda que, os Deuses do Olimpo, quixeron que fose rei un cervo, escollendo para o seu reinado e descendentes a terra portuguesa, que pasoou a chamarse terras de Cervaria por estar habitada por moitos cervos. Un día, un fidalgo desafiou ao rei Cervo, para apropiarse das súas terras, pero non puido co animal. Disque o devandito cervo quedou só no mundo e morreu de pena e aburremento desaparecendo do mapa a terra dos cervos.
O caso é que no escudo de Cerveira hai un cervo en campo de verde e no penedo máis alto un fermosísimo mirador dende o que se divisa a desembocadura do río Miño en todo o seu esplendor, que está presidido por unha escultura de ferrro de dimensións descomuniais en forma de cervo, obra do escultor portugués José Rodrigues, que simboliza a lonxevidade das terras de Cerveira, ou o que é igual: terra dos cervos.
A estrada de acceso ao mirador é moi estreita pero o firme está ben e hai onde aparcar arriba de todo. Paga a pena subir, a paisaxe é impresionate e o aire é puro. Podemos ver a desembocadura do río Miño en todo o seu espelendor e a orilla española
Hai moito que ver nesta singular vila: un castelo, casas e igrexas medievais. Rio navegable, productor de lampreas e meixoes (angulas) -un dito popular di que en Cerveira todo sabe a rio- feiras e bienais culturais, que lle dan o nome da vila da cultura. O mercadiño é impresionante. Pódese atopar de todo: cesteiros, ebanistas, ferreiros, xardineiros, roupa, zapatos, etc, a prezos moi asequibles. A cerámica, azulexos portugueses e cestos de vimbio son boísimos. Nas feiras reúnense os mestres da artesanía popular, anque a comercialización da roupa empeza a gañar terreo…
Velaquí:
O Rei Cervo:
O Rio Miño dende o mirador:
A Igrexa e casas medievais:
A feira:
Texto e fotos: Fina Roca