A tradición das Pepitas, en Ferrol, remóntase ao século XIX, pero a festa popularízase ao principio do s.XX, en 1903, concretamente.
Que decirvos da Festa? Chámome Fina (Pepa) e nacín en Ferrol. Dende nena vivo a festa a tope e sego a emocianarme cando me atopo coas rondallas, interpretando habaneras, vals ou cancións populares polas rúas, bares ou praza de Amboage.
Para os habitantes de Ferrol, a festa das Pepitas, que se celebra o véspera de San Xosé (18 de marzo) e tan importante como as fallas para os valenciáns, de feito celébranse o mesmo día e cada rondalla ten a súa madriña cal falleira maior. As rúas énchense de tunantes cos seus instrumentos de corda e púa para homenaxear ás ferrolás louvando a súa beleza, discreción e elegancia. Rodean ás mulleres, en especial ás Pepas, Finas e Pepitas, cantándolles fermosísimas cancións, habaneiras…
En Ferrol nunca se perdeu a ancestral tradición de cantar polos bares e rúas.
As rondallas reúnense na praza do marqués de Amboage, cuxa estatua segue no medio e medio da mesma, non como en Viveiro, que desterraron a Pastor Díaz. Logo de cada actuacións os grupos distribúesen pola cidade para cantar a tope.
Velaquí a estatua de Amboage: http://ferrol.antiguo.googlepages.com/amboage04.jpg/amboage04-full.jpg
Nos derradeiros anos, por iniciativa da Asociación de Empresarios de Hostalería de Ferrol e Comarca, hai o costume de obsequiar ás mulleres polos bares e cafeterías co Bico das Pepitas, un bizcocho de chocolate e laranxa como o que podedes observar na foto.
É o barrio da Magdalena o que máis se integra na conmemoración das Pepitas…
Texto e fotos: Fina Roca