Carmen Formoso gañou a batalla. Agora só falta que Marinita Castaño lle devolva os cartos de A Cruz de San Andrés. A Literatura fixo Historia e xustiza. Que se acaben os premios literarios amañados entre amiguetes e que metan no trullo a quen negocia coa propiedade intelectual.
En Galicia abondan os amaños! Sempre gañan os mesmos, ou seus fillos, curmáns, amiguetes e sobriños.
Por fin! Unha xuíza condena ao presidente de Planeta, José Manuel Lara Bosch, acusándoo de proporcionarlle a novela da escritora gallega ao finado Premio Nóbel e plagista maior, Camilo José Cela, para que escribise A cruz de San Andrés. Non contaban os capitoste do poder socio cultural, que unha escritora, muller e galega, lles plantase cara en 1995, -a Cela e Lara-, por plaxiarlle con premeditación alevosía a súa novela Carmen, Carmela, Carmiña.
Podedes seguir esta noticia no blog de Carmen Formoso ou en La Voz de Galicia de hoxe:
http://www.lavozdegalicia.es/cultura/2009/03/06/0003_7571856.htm
Ou neste blog sobre plagios famosos moi interesante, non si?
http://www.elplagio.com/Plagio/3.3.Plagiarios_ilustres.html
Ánimo Carmen! Que Marinita Castaño te devuelva lo que te pertenece.
Fina Roca.