Os ventos furacanados atacaron sen piedade a toda a comunidade galega, en Coruña, concretamente, foi terrible, e na mariña luguesa están sen luz por mor do derrube das torretas de alta tensión que seguen a invadir cidades e montes en lugar de estar soterradas, como no resto de Europa. Tres días máis tarde da forte tormenta, as cousas seguen igual de mal.
Non se entende que, habendo como hai tantos parados con gañas de traballar, os respectivos governos, estatais, autonómicos e locais, non tirasen das listas do paro para solucionar os graves e pequenos problemas: restituír a luz, restaurar un valado, apagar as farolas, retirar unha árbore…
No paro hai de todo, inxeñeiros, profesoras, electricistas, albaneles, pintores…
Seica é tan difícil restarurar os valados nas zonas céntricas como a coruñesa Ronda de Outeiro, á altura do Colexio do Corte Inglés? As vallas que pechan o tristemente famoso Parque de Oza e que caeron o pasado vernes, seguen como estaban co consabido perigo para coches e peóns, avaneándose de cotío á altura do semáforo e non permitindo o acceso á marquesina do bus:
Pero mentres en Viveiro e resto da Mariña luguesa seguen sen luz, na Avenida de Monelos, Coruña, as farolas levan tres días encendidas día e noite e as vaias publicitarias van matar a alguén. Que non! Que non están a facer as cousas ben que se deixen os políticos de descursos estúpidos e se poñan a traballar de cheo.
Texto e fotos: Fina Roca.