O Consello de Ministros vén de conceder a Medalla de Ouro ao Mérito no traballo a Luís Neira (1917), redactor xefe de El Heraldo de Vivero: xornal fundado no ano 1912, medalla de honor da cidade de Viveiro e Decano dos seminarios locais de Galicia, dirixido por Ángel M. Fernandez de la Vega e editado por Javier Canosa Penaba.
Don Luís leva case toda a súa vida vinculado a El Heraldo, anque tamén foi carteiro, tipógrafo e impresor, oficios dos que se sente moi orgulloso. Segundo o Heraldo desta semana, Neira, entrou a traballar aos once anos de idade como cajista da imprenta Fojo, compoñendo os orixinais do El Heraldo e de El Momento. Luís Neira e a súa dona, Melina Brochs -muller traballadora onde as haxa-mercaron unha pequena imprenta na rúa Zapatería de Viveiro (Almirante Chicarro 27) que é onde actualmente se compón e edita El Heraldo, semanario que non se vende -fonciona polas subscripcións- pero que se lee en todo o mundo. Onde hai un viveirense ou alguén ligado á vila, alá hai un subscriptor deste singular peródico, historia viva dos aconteceres de Viveiro.
Trinta foron os galalardonados deste ano.
Noraboa don Luís por tan merecido premio!
Luís Neira e Fina Roca (4-07-03) no Garoa na homenaxe ao seu gran amigo Luís Tobío.
Foto e texto: Marta Michelena e Fina Roca