Confeso que empezo a pasar das celebracións consumistas: o Nadal é unha das datas más estupidamente consumista e hipócrita de todas cantas hai no calendario; con todo, quero felicitarvos a todos coas miñas fotos: unha casiña que está na Coruña, entre a Avenida de Arteixo e os Mallos, xusto ao carón do Centro Cívico, na que vive -ou vivía pois hai tempo que non a vexo-unha encantadora señora maior que coidaba das poucas plantas que lle deixou a civilización:
-Antes tiña unha horta e galiñas! Dicíame
Enfrente queda estaoutra con mini horta, habitada por un señor a quen si vexo a miúdo.
Non se trata de ningún barrio chabolista, nin moito menos…
Cando era nena adoitaba bañarme na praia das Catedrais, en Ribadeo, de xoven e adulta tamén me bañaba alí de marea baixa. Sempre me gustou este lugar ata que se disparou a súa merecida fama e invadírona os turistas, que non sempre respectan o entorno natural. Agora a penas vou por alí, agás en inverno, xa que dende que lle concederon o galardón de patrominio natural non hai maneira de gozar da paisaxe, hai máis xente ca areal. Sempre temín e temo que alguen se fixe demasiado nas praias salvaxes que tanto me gustan, porque de seguida lles conceden bandeiras azuis. COAS BANDEIRAS CHEGA A URBANIZACIÓN DO ENTORNO E OS MALDITOS PASEOS MARÍTIMOS que parecen todos dun parto e acaban co litoral .
Con todo paga a pena visitar as Catedrais, mirade:
Lola España (Dolores F. España) ven de colgar os seus cuadros na coruñesa sala de exposicións Alen Klass http://alenklass.es/
Licenciada en Bellas Artes pola facultade de Pontevedra e Máster de Creatividade pola Universidade de Santiago esta xenial pintora ten obra abondo como para ser recoñecida no mundo artístico. A búsqueda da cor e de novos materias, que plasma de forma maxistral en forma de collage, sitúana a medio camiño entre o surrealismo pictórico e a literatura fantástica. Lola recoñece que, dende que abre a fiestra da casa ata que se deita, o mundo rural que a rodea, a cultura castreña ou unha semple horta, danlle voltas e reviravoltas na testa ata que é capaz de plasmar o que sente ao través dos pinceis. A cor ilumiña toda a súa obra.
Lola con Eugenia, a directora da Galería Alen Klass
Monte Blanko:
O castro de OKa (acrílico):
Magnífico collage acrílico: no curro da horta
A exposición está aberta de luns a venres 17:3o-20:30 H; sábados 11:00-14:00H
Alen Klass, Rúa Dolores Rodríguez Sopeña 9. A Coruña
A miúdo pasamos por situacións tan kafquianas que non sabemos que facer. Así, unha semple folga de estudiantes de bacharelato do máis inocente pode convérterse nunha traxedia grega para os novos caudillitos democráticos que están a dirixir os centros educativos públicos, facendo culpables das caceroladas estudiantís ao profesorado de moitos anos, que puidese ser pero que non ven ao caso…
Unha boa amiga mándame o seguinte vídeo para que non desespere.
Cando se enterarán que ser democráta é unha actitude permanente cara a vida. Prometo seguir…
Que pasada! Prometo apuntarme o próximo ano. Os organizadores estaban exhaustos, tres días e tres noites sen dormir é moito! Rapazas hai poucas e maiores de coarenta non hai ninguén.Marcos Fariña, un dos organizadores, aseguroume que ontes houbo un visitante de máis de setenta anos. Había moita solidaridade entre todos os amigos da arroutada party, de feito se alguén se levantaba dicindo que tiña fame, de seguida, os coleguiñas de PC ofrecíanlle bocatas ou patatas fritas.
Veñen de todas partes e algúns traen súper equipos e outros mini portátiles. Chaman a atención as Pantallas xigantes de máis de 40 pulgadas con cómodos asientos para os seus usuarios, como se de Formula I se tratase. Permiten fumar anque os fumadores sitúanse aparte e non parecen molestar a ninguén. Hai máis limpeza que nos botellóns e menos porros e pirulas, tampouco se observa excesivo consumo de alcohol. En todas as mesas: coca-colas e patatas fritas.
Velaiquí:
Os participantes poden apuntarse por Internet ou en taquilla previo pago para poder facer fronte aos gastos. Os visitantes non pagan: teñen que deixar o DNI que recollerán a saída. Con un semple portatil se pode navegar a velocidade de vértixe, baixar películas, arquivos, música…
Máis de cinco mil persoas déronse cita no Campo de Fútbol e bisbarra de Viveiro para acoller o RESURRECTION FEST considerado o mellorFESTIVAL de HARDCORE de Europa e parte do estranxeiro:
Abarrote no parque de Viveiro perante dous días: 31 de xullo e 1 de agosto. Acampada libre no parque, San Roque e Lavandeiras (Celeiro)… O bono para os dous días custa 18 euros. De crises, nada, de nada… Impresionante concertación de xente de todas partes. Porreros, borrachos e abstemios. Hai de todo. Ferve Viveiro co hardercord neiorquino, británico, español e galego. Non pasa nada que non pase nun botellón local. Como unha imaxe vale máis que mil palabras velaquí:
Quentando máquinas: Overcome.
Gardando cola: rapaces e rapaciñas do Primeiro Ciclo da ESO amén de adultos de tódalas nacionalidades, e profesións, en especial lusos, – seguidores dos portugueses Fort de Glory e Ratos de Porao- non queren perder pancada dos principais grupos hardecord: The Eyes, Rain Is Art, Madballl, H2O, Hazen Street, The Toy Dolls, Mad Caddies, Bytheface, etc…
Tendas de campaña da marca Quechua ata no arcén do Estadio:
No parque predominaban as cores negras propias dos grupos musicais Metal. Por faltar non faltaban nin os Skingers, nin os PUNK de cores diversos: rubios, rousados, zanahoria etc:
O chiringito do camping estaba a tope. Mesmo había grupos coas súas mascotas preferidas, dende cans, cadelas, paxaros e furons:
Tanto os cans como o furón estaban tranquilísimos! Sen problemas…
Sorprendía a profusión de rapaces e rapazas tatuadas de arriba abaixo: alá cadaquén coas súas manías.
Namentras a xuventude gozaba a tope da vida e da musica, en Viveiro, na praza de Pastor Díaz quentaban motores para celebrar o Festival máis casposo do mundo mundial: O Festival do Landro:
E o máis lindo da xornada: Carlos Romero e os seus amigos. Uns monicreques fabulosos con guitarra tradicional:
Recreación pseudohistórica do desembarco de Carlos I de ESpaña e V de Alemaña nos Castelos, praia viveirense de Covas:
A correxidora cos soldados espera a Carlos V e a súa nai Juana
Carlos e Juana la Loca desembarcan nun barquiño de xoguete, perdón, de vela. Suponse que tiña que desembarcar nunha carraca portuguesa, nunha nao ou nunha carabela, non si? Segundo un cronista oficial da vila, ámbolos dous grandes de España e Alemaña, desembarcaron en Viveiro no ano 1548… Vamos! En 1548, dona Juana, filla de Isabel e Fernando, esposa de Felipe o Fermoso, e nai de Carlos V, -primeira raiña de España-estaba pechada en contra da súa vontade, no pazo cárcere de Tordesillas, onde foi maltratada, física e mentalmente polos seus cancerbeiros co visto bo de seu pai e marido. En Tordesilla estivo dende 1509 ata que morreu en 1555. Nin a seu pai, nin ao seu home lles conviña sacar do encerro a raiña. Se Fernando o Católico era un impresentable, o seu xerno era peor: auténticos artífices da lenda negra de Juana la Loca. Eran moi ‘machos’ e non podían consentir que unha muller governase o país. Os Austrias foron os precesores da Lei Sálica (as mulleres non poden governar), lei que perpetuaron ata a data os Borbóns. O noso Felipiño ( o marido de Leticia) é o herdeiro a coroa polo semple feito de ter un pendallo no medio das pernas…
Cabaleiros e infantes acompañando aos protagonistas de esta Historia pola estrada de Covas deica ao arco plateresco de Carlos V.
Esperando sentados aos soberanos na praciña da herba coa tradicional vestimenta da época de Carlos V…
Namentras, o Viveiro actual transcorría, entre a tradicional volta ciclicsta e anual concentración de moteiros na ponte da vía e no Ies…
Rúas atiborradas de xente vestidos segunda a tradición medieval e renacentista, anque tmaén había as clásicas perrucas de Luis XVI, e romanos. É dicir, cada quen facía a festa a súa maneira
Os abandeirados florentinos:
Mangüel e os seus tambores viveirenses: o mellor da Vila
Auténtica, Chus…
O mercado tradicional:
A cea nos claustros de San Francisco, as damas e cabaleiros ían fabulosamente vestidos, unha maravilla o escenario gótico do evento onde non faltaban os mestres en cetrería
Nas rúas: o mellor da súa casa.
Os bares máis concurridos:
Que non decaiga a festa a pesares dos errores históricos.
O Soho inglés é unha mestura do mellor e peor de Londres. Neste barrio agólpanse os sex shops e a vida nocturna más intensa dun barrio divertido, liberal e cheo de curiosidades, onde a comunidade gai xoga un papel primodial: gran parte da prosperidade do Soho débese aos gais. Outrora era un barrio sucio, sórdido e falto de graza, onde a prostitución campaba as súas anchas:
O Soho coruñés nace en abril do ano 2008 coa mesma idea do soho londinense: dar vida a unha zona do casco vello coruñés íntimimamente ligada ao antigo barrio de putas, o Papagaio, inmortalizado por Camilo José Cela na súa primeira novela A Familia de Pascual Duarte. Hoxe en día, o cemento, gaña terrreo as tradicionais casas galegas de baixo, piso e sobrado, que todavía podemos ver no Orzán á sombra dos rañaceos. A zona, paralela ao paseo marítimo e praia do Orzán, está moi ben situada e a especulacicón urbanística é evidente.
Todos os primeiros sábados de mes reúnense un fato de artesáns, pintores e músicos no Soho coruñés coa idea de dar un pulo aos bares e locais da zona, emulando ao soho inglés. Fátalles moito pero todo se andará. Nesta especie de mercado liberal das Artes predominan os expositores novos…
Os organizadores (comerciantes do Orzán) fan atractivas ofertas para atraer os clientes, como asar carne na rúa e obsequiar cunha ración a quen gaste no soho un mínimo de 10 euros, ou sortear vales de compra por valor de 100. Charangas e paiasos animan a rúa do Orzán, dende o cruce de San Andrés ata a praza de Pontevedra…
O tempo non os acompaña, alomenos por agora, pero paga a pena achegarse a zona e mercar dende un cuadro, ata mel, agardente, queixos, perfumes, xabóns, roupa ou xoias artesanais. Por faltar non faltan nin as ONGs, nin os coleccionistas de selos, e tantas outras cousas.
Velaquí o Soho do Orzán de hoxe a pesares da chuvia:
O laureado pintor, e arquitecto, Oscar Cabana Picado, deuse coñecer no soho coruñés, para él é un orgullo expoñer a súa obra na beirarrúa do Orzán, malia colgar os seus cuadros en recoñecidas salas de exposicións.
A vendedora de mel e aguardentes de Galiza:
A charanga e un taller de alfarería:
A tenda das esencias e perfumes:
Asando costela de cocho para obsequiar aos clientes e visitantes do Soho:
Vila Nova de Cerveira é un concello portugués que ofrece condicións envidables para os amigos/as de viaxar.
Cerveira fica na marxen esquerda do Rio Miño que fai fronteira con España. Esta cerca de Valença do Miño, a 37 km de Viana de Castelo e a 100 de Porto. Foi fundada por don Denis en 1320. Conta a lenda que, os Deuses do Olimpo, quixeron que fose rei un cervo, escollendo para o seu reinado e descendentes a terra portuguesa, que pasoou a chamarse terras de Cervaria por estar habitada por moitos cervos. Un día, un fidalgo desafiou ao rei Cervo, para apropiarse das súas terras, pero non puido co animal. Disque o devandito cervo quedou só no mundo e morreu de pena e aburremento desaparecendo do mapa a terra dos cervos.
O caso é que no escudo de Cerveira hai un cervo en campo de verde e no penedo máis alto un fermosísimo mirador dende o que se divisa a desembocadura do río Miño en todo o seu esplendor, que está presidido por unha escultura de ferrro de dimensións descomuniais en forma de cervo, obra do escultor portugués José Rodrigues, que simboliza a lonxevidade das terras de Cerveira, ou o que é igual: terra dos cervos.
A estrada de acceso ao mirador é moi estreita pero o firme está ben e hai onde aparcar arriba de todo. Paga a pena subir, a paisaxe é impresionate e o aire é puro. Podemos ver a desembocadura do río Miño en todo o seu espelendor e a orilla española
Hai moito que ver nesta singular vila: un castelo, casas e igrexas medievais. Rio navegable, productor de lampreas e meixoes (angulas) -un dito popular di que en Cerveira todo sabe a rio- feiras e bienais culturais, que lle dan o nome da vila da cultura. O mercadiño é impresionante. Pódese atopar de todo: cesteiros, ebanistas, ferreiros, xardineiros, roupa, zapatos, etc, a prezos moi asequibles. A cerámica, azulexos portugueses e cestos de vimbio son boísimos. Nas feiras reúnense os mestres da artesanía popular, anque a comercialización da roupa empeza a gañar terreo…