Carrilleiras de terneira ao viño tinto…

Dan moito qué facer pero están riquísimas. É unha carne moi melosa, sen apenas grasa e rende moito si a filateades ao final. Aconsello facela por etapas, é dicir, en dous ou tres días para non cansarmos.

Ingrendientes para tres ou catro persoas: Catro carrilleiras, 4 tomates, 4 zanorias, catro cabezas de allo peladas e catro sen pelar, un porro grande, 2 cebolas medianas, cebollino, unha folla enteira de apio e outra de loureiro seco, e unha botella de viño tinto, mellor do ribeiro, do do gordo, dese co que se fan as sopas de cabalo (Viño quente+sucre+pan), pero no caso de non telo vale un Rioxa, aceite de oliva virxe e unha pouca de fariña de trigo. Non utilicedes viño peleón daralle mal sabor.

Pasos a seguir: 

1º) Limpalas carrilleiras de tódalas impurezas. 2º) Cortar todas as verduras ao chou, non importa o tamaño, porque logo ímolas pasar pola batidora, pero botade unha das zanorias enteiras, para logo cortala en rodaxas finas e adornar as carrilleiras, meter todo nun bol grande, introducir a carne, cubrir co viño tinto e deixar macerar catro horas como mínimo. 3º) Logo da maceración sacar as carrilleiras e deixalas escorrer ben ate que non solten ningunha auga. 4º) Enfariñar e pasar pola sartén en abundante aceche, volta e volta, para sellalas ben. 5º) Metelas nunha pota grande e cubrilas co mesunxe da maceración, poñer ao lume, primeiro forte e logo reducido, deixándoas cocer todo o tempo que necesiten ate que estean blandiñas, entre dúas e tres horas en pota normal. 6º) Unha vez que estean cocidas retirar e pasala salsa pola batidora e si fai falla polo chino para que non queden grumos, volver a levar a salsa ao lume e deixala reducir. 7º) Cubrir coa salsa reducida as carrilleiras e no momento de servilas volver poñer ao lume dez minutos como mínimo. Pódense gardar coa salsa na neveira e estarán riquísimas igual.

Para acompañalas: recomendo patacas fritidas, ou cocidas pequeniñas, e unha fritanca de verduras: colifror, brécol, coles de buselas, etc..

 

Fina Roca,  Receitas de outubro de 2011 002.jpg

 

Fina Roca,  Receitas de outubro de 2011 004.jpg 

 Fina Roca,  Receitas de outubro de 2011 0051.jpg Fina Roca,  Receitas de outubro de 2011 006.jpg Fina Roca,  Receitas de outubro de 2011 007.jpg

Fina Roca,  Receitas de outubro de 2011 008.jpg Fina Roca,  Receitas de outubro de 2011 010.jpg Fina Roca,  Receitas de outubro de 2011 011.jpg

Fina Roca,  Receitas de outubro de 2011 009.jpg

Fina Roca,  Receitas de outubro de 2011 020.jpg

Fina Roca,  Receitas de outubro de 2011 019.jpg

Fileteadas renden moito máis.

Texto e fotos: Fina Roca

?

Sargo salvaxe ao forno…

Esta receita vale para os Sargos, Besugos, Douradas, Xurelas e Xardas grandes, Roubalizas e calquera outro peixe salvaxe ou de piscifactoría que querades facer ao forno, anque é preferible o peixe salvaxe, por exemplo unha xurela que é riquísima e non vai cara, entre un ou dous euros o quilo. Nestas datas o sargo vai ben de prezo, catro e seis euros  quilo, podédelo conxelar para as navidades, aganta moi ben o frío, non se oxida tanto como o besugo: é máis sabroso e barato.

Aínda que por Santos e Defuntos cumpre facer Magostos (castañas asadas), que podedes ver nesta mesma páxina no apartado de Receitas, dado que acércase o Nadal, época familiar estupidamente consumista, vouvos dar dúas receitas baratas e riquísimas, cuxos ingredientes principais podedes coller agora, conxelalos e quedar coma reises ese gran día de Noiteboa ou Anonovo, sen salir do presuposto. O marisco vai ir caro por esas datas, pero a mediados ou finais de xaneiro, en plena costa de idem, vai tirado e poderedes comer a fartar, así que agora cumpre preverse de langostinos, e das miñas suxerencias culinariaS para paliar a crise. Dareivos dous platos, un de peixe e outro de carne, Sargo salvaxe ao forno e carrilleiras de terneira.

Empecemos por coñecer o peixe que imos comer:

http://es.wikipedia.org/wiki/Diplodus_sargus_sargus

Ingredientes para catro, cinco ou seis persoas: dous sargos de 600 gramos aproximadamente cada un, unha cebola grande, tres cabezas de allos peladas, dous tomates grandes, dous limóns, cebollino, perexil, un baso de aceite de oliva virxe extra, pan raiado, un pimento vermello e dúas patacas. Modo de facelo: 1º) Unha vez que o peixe estea limpo de tripas e escamas, dependendo do tamaño facer dous ou tres cortes de ración e salar previamente por dentro pola parte da espiña, rocialos co xugo de limón e perexil picado: quen no poida tomar o sal  pode espolvorealo con allo e xenxibre. 2º) Encher o buche dos xargos coa cebola, pirixel, allos, tomate, cebollino e pimentos picado todo finamente ou en xuliana. 3º) No leito da fonte poñer unha capa de patatas cortadas un pouco máis grosas que para tortilla, encima das patacas, unha capa de tomates cortados en redondo, limóns cortados en cuartos, cebolas en aros e pimentos en juliana. Encima do leito vexetal coloca-los sargos, rocialos co xugo do limón, distribuir o aceite por riba e logo espolvorear todo con pan raiado. 4º) Quentade previamente o forno a 180º. Manter esa temperatura perante quince minutos. Poñer o grill no momento de comelos para que se dore todo e a salsa se manteña espesa. Pero ¡Ollo! Cos fornos eléctricos que seguen a manter a calor perante bastante tempo. 5º) Acompañalos cunha ensalada mixta.    

Suxerencias para o peixe de piscifactoría: todos os ingredientes, que no peixe salvaxe metimos en cru, no de piscifactoría, que é máis blando e faise antes, convén pasalos pola tixola, darlle unhas voltas ate que se ablanden. As patacas cortalas moi finas, pois, insisto, unha dourada de piscifactoría en dez minutos está feita, pero as patacas non, tamén podedes facelas aparte, ou darlles un fervor antes de colocalas na fonte. 

Fina Roca,  Receitas de outubro de 2011 013.jpg

Fina Roca,  Receitas de outubro de 2011 014.jpg

Fina Roca,  Receitas de outubro de 2011 015.jpg

Fina Roca,  Receitas de outubro de 2011 016.jpg

Fotos e texto: Fina Roca

?

Enlace matrimonial de Lucía y Martín

No marco incondicional da Igrexa de San Francisco de Viveiro, ná ábsida gótica máis alta de toda Galicia, tivo lugar (14-X-2011) o enlace matrimonial de Lucía y Martín, dous rapaces coma dous soles capaces de facermos emocionar aos máis de 200 invitados. A Cerimonia celebrada por don Francisco Javier Martínez Prieto, un curiña novo que fixo da misa unha auténtica concelebración entre ateos e cristiáns, unha misa como poucas recordo na miña vida, diría que foi única, mesmo permitiu que os noivos permanecesen de cara ao público e non de espaldas como na maioría das bodas, e sen esquencerse do evanxeo tivo referencias literarias encomiables, como a ANTOINE DE SAINT-EXUPERY, o autor do Pincipiño: Amar non é mirarse o un ao outro, amarse é mirar xuntos na mesma dirección. O repertoiro musical foi exquisito, Saleta, unha vez máis coa súa maravillosa voz, fíxonos estremecer: o coro en sí non tiña despedicio. Non faltaba de nada, nin o órgano, nin gaiteiros, nin acoordonistas, onde Pablo Michelena e a súa dona Sarín debutaron a pleno rendemento ¡Son bárbaros! Empezamos con Hendel (Conticorum lubilo) e seguimos con Mozart( Aleluya) Liszt (Sueño de Amor) Shubert (Sanctus) Mozart (Dona Nobis Pacem), pasando polo Só ti da Comunión e hasta el Final (Il Divo). En ese coro celestial estaban las hermanas y amigas de la novia…

 

Velaiquí algunhas instantáneas da cerimonia e do convite nupcial en Louzao (Area):

Órgano e coro

 

Lucía tras a lectura de Acción de Grazas fíxonos chorar a todos e todas polas referencias as persoas que xa non están connosco en especial ao seu pai TOÑÍN COLOSÍA: El tiempo pasa, el verano se va y el otoño siempre llega y perdemos a veces alguna de nuestras hojas, algunhas nacen otro verano y otras permanecerán con nosotros por mucho tiempo. Pero las que nos dejan y cayeron, continúan cerca alimentando nuestra raíz con alegría… 

Os acoordonistas a saída dos noivos:

¡Ben! A cea non tivo deperdicio. Prmeiro un cóctel, logo un vídeo entrañable coas fotos de Martín e Lucía dende que naceron ata o momento da voda. Logo marisco a fartar (camaróns, percebes, nécoras e lubrigantes) carne, postres e bó viño, licores e orquestra incansable ata altas horas da madrugada con barra libre, froitas frescas e xelados tamén a fartar.

Houbo muiñeiras a mazo pois non en van os noivos forman parte do grupo folclórico máis internacional. Ver bailar a Lucía co seu tío Soto foi algo inenarrable:

 

Algúns momentos do evento:

Texto y fotos: Fina Roca

Nabucco de Verdi dirigida por Ricardo Muti. Oposición aos recortes en Cultura

Non poido pasar por alto este vídeo que me manda unha entrañable amiga. É emocionante e dura dez minutos. Ogallá ocurrisen cousas coma estas en España, en Galicia, ou no pazo da ópera de A Coruña. Logo de ler o comentarios cliquear no vínculo. Non deixedes de vos opoñer aos recortes do governo en Cultura ou Asuntos Sociais, pois facelo é non querervos a vós mesmos, tirar pedras contra o voso propio tellado…

El pasado 12 de marzo, Silvio Berlusconi debió enfrentarse a la realidad. Italia festejaba el 150 aniversario de su creación y en esta ocasión se representó en Roma la ópera Nabucco, de Giuseppe Verdi, dirigida por el maestro Ricardo Muti. Nabucco evoca el episodio de  la esclavitud de los judíos en Babilonia, y el famoso canto “Va pensiero” es el canto del coro de esclavos oprimidos. En Italia, este canto es un símbolo de la búsqueda de la libertad (en los años en que se escribió la ópera, Italia estaba bajo el imperio de los Habsburgo). Antes de la representación, Gianni Alemanno, alcalde Roma, subió al escenario para pronunciar un discurso en el que denunciaba los recortes del presupuesto de cultura que estaba haciendo el Gobierno, a pesar de que Alemanno es miembro del partido gobernante y había sido ministro de Berlusconi. Esta intervención del alcalde, en presencia de Berlusconi que asistía a la representación, produjo un efecto inesperado. Ricardo Muti, director de la orquesta, declaró al “Times”: “La ópera se desarrolló normalmente hasta que llegamos al famoso canto “Va pensiero”. Inmediatamente sentí que el público se ponía en tensión. Hay cosas que no se pueden describir, pero que uno las siente. Era el silencio del público el que se hacía sentir hasta entonces, pero cuando empezó el “Va Pensiero”, el silencio se llenó de verdadero fervor. Se podía sentir la reacción del público ante el lamento de los esclavos que cantan: “Oh patria mía, tan bella y tan perdida.”Cuando el coro llegaba a su fin, el público empezó a pedir un bis, mientras gritaba “Viva Italia” y “Viva Verdi”. A Muti no le suele gustar hacer un bis en mitad de una representación. Sólo en una ocasión, en la Scala de Milan, en 1986, había aceptado hacer un bis del “Va pensiero”.”Yo no quería sólo hacer un bis. Tenía que haber una intención especial para hacerlo” -dijo Muti -.En un gesto teatral, Muti se dio la vuelta, miró al público y a Berlusconi a la vez, y se oyó que alguien entre el público gritó: “Larga vida a Italia!”. Muti dijo entonces:”Sí, estoy de acuerdo: “Larga vida a Italia”, pero yo ya no tengo 30 años, he vivido ya mi vida como italiano y he recorrido mucho mundo. Hoy siento vergüenza de lo que sucede en mi país. Accedo, pues, a vuestra petición de un bis del “Va Pensiero”.  No es sólo por la dicha patriótica que siento, sino porque esta noche, cuando dirigía al Coro que cantó “Ay mi país, bello y perdido” , pensé que si seguimos así vamos a matar la cultura sobre la cual se construyó la historia de Italia. En tal caso, nuestra patria, estaría de verdad “bella y perdida”.Muchos aplausos, incluidos los de los artistas en escena. Muti prosiguió.”Yo he callado durante muchos años. Ahora deberíamos darle sentido a este canto. Les propongo que se unan al coro y que cantemos todos el “Va pensiero”. Toda la ópera de Roma se levantó. Y el coro también. Fue un momento mágico. Esa noche no fue solamente una representación de Nabucco, sino también una declaración del teatro de la capital para llamar la atención a los políticos. En el enlace siguiente se puede vivir ese momento mágico, lleno de emoción.

http://www.youtube.com/embed/G_gmtO6JnRs

Fina Roca.

En defensa do ensino público…

O que nunca lle perdoarei a un governo de esquerdas, como se supón é o de Zapatero, que permita os insultos reiterados ao profesorado do Ensino Público, Ensino, claro está, de Infantil, Primaria e Secundaria, xa que o profesorado universitario está nas berzas: illados do mundo, pavoneándose de ser ‘profes de universidade’, crendo, inutilmente, que son alguén cando, con honrosa excepcións, como o meu chorado e recén morto, Serafín Moralejo, son uns estúpidos ao servicio do poder establecido: fai tempo que desapereceu o pensamento crítico das Universidades do Estado Español e así nos vai. Nestres intres, o único profesorado, que se está a preocupar do que pasa neste país, é o de PRIMARIA, base de todo o sistema educativo, e o de SECUNDARIA, paso da idade adolescente a idade adulterada, alias adulta. Se de min valese, mandaría a todos os ministros de Educación, tanto a nivel estatal, como autonómico, a fritir puñetas, é dicir, a vivir co salario do profesorado de Infantil, Primaria e Secundaria. Hai que foderse, fános culpables do fracaso escolar, quen desvía os cartos ao ensino privado, alias colexios relixiosos, como o de REY CRISTO, Peña Redonda -do OPUS DEI- o XESUÍTAS, onde non admiten aos fillos do paro e maila droga. Unha que foi profesora do Colexio de Cristo Rei, denantes de aprobar unha praza de ensino público a un institiuto, e tamén profesora de Universidade, como axudante dun catedrático prepotente e prestixiado, podería falar largo e tendido de ¿cómo pagan, tratan, ao profesorado,  no ensino privado? ¿E cómo cobran ao alumnado? E tamén de ¿como tratan nas universidade ao profesorado sen praza? Veña xa Zapataro, non te podes ir sen amañar as desfeitas do teu estúpido governo, governo que acabou ata con persoeiros tan interesantes coma Touriño, ou Vicente Areces: impresentable favorecer o acceso ao poder de Cascos en Asturias, ou de Mas en Cataluña,  mágoa que no PSOE tomaran as rendas os impresentables, quen só pensa no seu cu, no prestixio social, alias coquetear coas dereitas de Aznar, Aguirre, ou da concelleira alemana, Ángela Mérkel. Despertade por favor, ¿onde están os/as libre pensadoras? ¿Que fiséchedes coa escola de Giner? ¿Coas teorías de Azaña, Catelao e Loís Tobío?     

A quén lle poda interersar, o que de verdad facemos o profesorado do Ensino Público, que pregunte e se informe ben.  Coidadiño, papás en mamás do ensino obrigatorio, ate os 16 anos, que se cansades ao profesorado público, podemos mandarvos aos fillos á casa EN MENOS QUE CANTA UN GALO, xa que depois de todo é o que pretende tanto o governo autonómico como o estatal, seguide a defender o impresentable e non haberá posibilidade posible de conciliar a vida familiar. Alá cadaquén coas súas manías, pero pensade ben a quen votades polo voso propio ben…

Enlaces de interés:

http://sosiesalpedrete.blogspot.com/

Texto: Fina Roca

O Río Miño

Históricamente, viñan a dicirmos, incluso, nas Universidades, que o río Miño nascía en Fontemiña, Fonmiña.

Pois vai ser que non, o Miño nasce nun pedregal en forma de rombo que, segundo a lenda, son pescadores petrificados que están a esperar a redención ao través das augas. Outra das lendas atribúe o pedregal a unha vellliña que tódolos días levaba unha gran pedra no mandil ata que formou o gran rombo que fixo mana-las cristalinas augas.

http://www.minube.com/fotos/rincon/301671?user=mariarequejodiaz

O Miño nasce no Pedregal de Irimia, na serra de Meira, e aflora na lagoa de Fonmiñá (Pastoriza) un lugar paradisíaco que convén visitar.

http://es.wikipedia.org/wiki/R%C3%ADo_Mi%C3%B1o

Para chegar ata ali hai que encamiñar as nosas pegadas a Meira, quen conta cun fermoso parque dedicado ao excatedratico de Xeografía da Universidade de Santiago, Rio Barja, cuxas cinzas foron espalladas polo pedregal de Irimia por expresa vontade do ilustre xeógrafo:

http://elprogreso.galiciae.com/nova/92771.html

Fina Roca, Meira, Lugo. Agosto 2011 007.jpg

Pasado o parque de Rio Barja paga a pena facer parada e fonda no antigo mosterio benedictino de Meira en cuxo campanario aniñan as cigüeñas, e a Igrexa de Santa María de Meira:

Fina Roca, Meira, Lugo. Agosto 2011 004.jpg

Moi preto do devandito mosteiro está o nascemento do río Miño: O pedregal de Meira. Un fermoso e tranquilo paraxe con mesas e barbacoas. Velaiqui o monolito coa explicación do nacemento do Miño e un poema de Avelino Díaz.

Fina Roca, Meira, Lugo. Agosto 2011 006.jpg

Fina Roca, Pedregal de Irimia. Agosto 2011 003.jpg

Fina Roca, Pedregal de Irimia. Agosto 2011 001.jpg

Fonmiñá: Eiquí o Miño aflora xa grande. Un paraíso onde os canónigos e berros crecen libres como nos tempos precedentes:

Texto e fotos: Fina Roca

Feira coruñesa das Artes Plásticas…

Ate hoxe, día de Santiago, podedes gozar da da Décima Feira de Artes Plásticas da Coruña. Un lugar de encontro, sito nos xardíns de Méndez Núñez. Cabe subliñar que, se queredes invertir en arte, esta é unha oportunidade única, en primeiro lugar porque podedes interactuar, en directo, cos pintores/as e artístistas plásticos galegos, en segundo lugar porque os prezos da súa obra é sempre más barata que nas galerías expositivas.

O actual alcalde de A Coruña, Carlos Negreira, encargouse de inaugurar a devandita feira, percorrendo unha por una as casetas dos artistas plásticos galegos que preside Pedro Bueno. Xa coincidín con Negreira en dous eventos e, aínda que non participamos da mesma idioloxía política, son demasiado ácrata para arrimarme a ninguén, dou fe que non leva a prensa pegada ao cu, como facía o seu predecesor no cargo; agora o que fai falla é que deixe de pensar no partido e que loite pola Coruña.

Velaiquí ao xove artista e arquitecto Oscar Cabana: Un valor incuestionable e laureado por toda a súa obra:

http://oscarcabana.com/

Hoxe tamén pecha as súas portas a feira das Marabillas, feira medieval da cidade vella herculina, que, onte, empezou con chuvia pero, afortunadamente a tardiña escampou un pouco e puidémola visitar, con distintas actuacións de danza, música e acrobacias:

http://www.paxinasgalegas.es/fiestas/xvii-feira-das-marabillas-a-coru%C3%B1a-3235.html

Texto e fotos: Fina Roca

15 M. A Coruña…

Na Coruña continúa a acampada do 15 M. Cabe subliñar que agora están moi pendentes dos deshaucios por falta de pago de hipotecas, que anuncian día a día na páxina dos indignados, para evitar os desaloxos dos máis necesitados…

http://es.wikipedia.org/wiki/Movimiento_de_indignados_15-M

Dende o principio, este movimento pacifista, gozou da simpatía e solidaridade dos coruñeses e coruñesas.

Recordemos:

1. Monte de San Pedro. Alí estivemos…

http://www.youtube.com/watch?v=VMbX9ttJA8o

2. Cadea humana: Codo con codo como no Prestige, aínda que aquela cadea do alumnado e profesorado de Secundaria rodeando a Costa da Morte baixo a bandeira de Nunca Máis, en protesta polo chapapote do Prestige, fose irrepetible…

http://www.lavozdegalicia.es/coruna/2011/05/26/00031306366297756900658.htm

3. Acampada: Antes e agora

Agora persisten os perro flautas: eses rapaciños e rapaciñas, pacifistas, cos seus canciños, porros e flautas, que te tratan maravillosamente, anque as veces non saiban contestarte coherentemente ao que lles preguntas. Con todo eu prefiro velos a eles que aos banqueiros abigarrados, que se burlan de nós a diario e que pasan con cara de noxo diante das jaimas do Obelisco coruñés. De seguro, que se eu tivese os seus anos estaría baixo a carpa, día e noite, indignada, claro…

O acoordinista do Corte Inglés púxolle música ao evento, solidarizándose con todos os movementos pacifistas…

Texto e fotos: Fina Roca

Indígnate…

Indígnate, segunda parte, dedicada a Carlos Jiménez, o mellor showman da RTVG, da radio idem e do mundo mundial. Aos cinco minutos de publicar o de indígnate, xa estaba el chateando conmigo para que llo contase todo con pelos e sinais, dende entón non fai máis que mandarme e-mails con certo morbo e colgando as fotos da desfeita no facebook, facendo porras por ver se me facían ou non caso. Pois sí queridiño, xa sabes que cando me indigno arde Troia, pero desta vez, farta de andar berrando sempre, filmei o corpo de delito, chamei a policía local e amenacei ao constructor con paralizarlle a obra: remedio de santo. Ese mesmo día xa me estaban a quitar a capa de po branco e hoxe as cinco da tarde viñeron coas máquinas aspiradoras e mangueiras: luz e maila auga de obra. Faltaría máis…

Fago constar que estiven na cadea humana e nas jaimas dos Indignados coruñeses do obelisco. Publicarei algo sobre o mesmo agora que recuperei a autoestima. O mellor de todo esto, foi ver a meu pai (88 anos) resucitando do letargo mental, bastón en man, cal macho alfa, amezándoos, como non me fixesen caso. En dúas horas deixaron todo como os chorros do ouro, incluídos os cristais. César ofreceulles una cerveza, pero advetíndoos de que non volvesen repetir a desfeita. Rimos a cachón os obreiros e máis eu, pois eles non teñen a culpa de facer as cousas mal: son os constructores e os promotores os que mandan. En fin! postas a pedir vou ver se me pintan a terraza polas molestias recibidas. As prantas procurei podalas agora mesmo para que resuciten na súa totalidade…

Velaiquí empezando os preparativos:

Fina Roca, Limpieza terraza tras la denuncia 002.jpg

O antes e o despois, anque nas anotacións anteriores podes velo antes moito mellor

Fina Roca, Limpieza terraza tras la denuncia 003.jpg

Cesar revisando a limpeza:

Fina Roca, Limpieza terraza tras la denuncia 004.jpg

Fina Roca, Limpieza terraza tras la denuncia 006.jpg

Texto e fotos: Fina Roca