Singapur é un dos centros financieiros máis importante do mundo, xogando un papel preponderante no comercio internacional e na economía mundial. Malia ser un Estado moderno cos seus rañaceos de cristal e aceiro, museos, centros comerciais e de ocio contemporáneo, conserva o encanto dos tempos precedentes, un legado multicultural con asentamentos musulmáns, chineses, Chinatown coas súas pagodas templos e museos, e a elegancia da arquitectura colonial hindú, LITTLE INDI, cos seus hoteis impresionantes (Rafles), cafés e centros comerciais con marcas de luxo. A zoa onde se atopa a pequena India estaba ocupada por europeos e euroasiáticos, pero na segunda mitade do s.XIX instalouse a pobación malaia, a máis refinada e elegante da illa.
Os mercados máis tradicionais coas súas tendas de comida ao aire libre forman parte da vida singapureña, dos que hai que destacar a gran limpeza e os productos de primeira calidade a prezos moi asequibles. A moeda é o dólar singapureño= 1´75 euros. As tres culturas maioritarias conviven pacificamente. De feito nunha mesma rúa podemos admirar unha pagoda china, un templo hinduísta e unha mezquita, por faltar non faltan nin as Catedrais anglicanas, nin as Católicas, mesmo atopeime cunha Igrexa católica coas súa gruta de Lourdes no xardín:
O rio Singapur serpentea o centro da ciudade entre rañaceos, parques, edificios coloniais, catedrais católicas e anglicanas, templos hinduístas, pagodas chinesas e mezquitas. A zoa da movida está en Clarke Quay na riveira do río, eiquí hai bares e baretos de todo tipo, así como as mellores marisquerías do mundo cos seus viveiros ao aire libre, amén das tendas tradicionais, espectáculos ao aire libre e, incluso, tranquilos paseos en lanchiñas ou botes de remos. Nesta zoa hai botellóns á europea pero non ves nada polo chan, vai todo para o contenedor. En Singapur están prohibidos o chicle e as pipas, e hai de ti como tires un papel ao chan…
http://es.wikipedia.org/wiki/Singapur
¿E que pintaba eu en Singapur? Pois nin mais nin menos que asistir a voda do meu fillo pequeno que namorouse dunda singapureña hindú que vive en Mánchester. Ser madriña nunha voda hinduísta é algo inesquecible. Primeiro hai que percorrer os comercios de magníficas tendas para mercar as telas correspondentes dos noivos, madriña e resto de invitados. Logo levalas a modista, que fan un traballo fora de serie en 24 horas…
Participar na cerimonia de vestir, peinar e pintar coa xena á noiva é todo un espectáculo. Tres horas tardaron a súas tías casadas, que son quen teñen ese privilexio, mentres a súa nai e a nai do novio contemplan sentadas dando o visto bo. O noivo permanece en todo momento na casa, pero non debe entrar na habitación nupcial, só mulleres. A noiva vai cuberta de sedas e ouro…
Os padriños do noivo:
Os noivos:
Logo ven a cerimonia relixiosa, preciosa ¡Vamos das Mil e Una Noites! Sempre descalzos, tanto na casa da noiva como no templo Sri Arasakesari Sivan:
http://www.singaporehindutemples.com/templelist/SreeArasakesariShivan/
Primeiro chega o noivo cos seus padriños ao salón nupcial onde é recibido polo padriño da noiva, os sacerdotes e os músicos hindús:
Os músicos:
Esperando pola noiva no local social anexo ao templo, onde fan todo o ritual e onde se celebra o banquete nupcial.
Os noivos recén casados:
Curiosidades de Singapur:
O metro en Singapur, é dunha limpeza extraordinaria e na terminal do Sur o metro recrea un canal do rio Singapur polo que se pode navegar, no metro están as mellores marcas comerciais do mundo, Tífani, poño por caso:
O símbolo de Singapur é o Merlión unha criatura mítica mitade pez e mitade león, quen vixía dende o rio toda a mariña:
http://viajesturisticos.org/viajes/singapur/
Non é difícil atopar hotel para tódolos bolsillos, recomendo dous:
Summerview en Little India, económico e boa relación calidade precio
Parkroyal on Kitchener ROAD, un catro estrelas con piscina, necesaria por queles pagos e no que nos aloxamos, tampouco foi caro tendo en conta a boa situación, atención e limpeza.
Texto e fotos: Fina Roca