O amigo Rafa segue a buscar o mellor na rede, encántalle navegar! Velaquí nestes arquivos as barbaridades que se poden facer en nome da cultura (os pes chineses) e o humor denuncia de Forges para contrastar tanta barbarie. Espero que sexan de voso agrado.
Sexo legal. Boda de Goretti e Pablo…
A invitación de voda era moi orixinal: unha sopa de Letras na portada cos nomes dos noivos e o seguinte texto no interior: <Érase unha vez unha parella de amigos que un día namoráronse. Co paso do tempo decidiron unirse (-sexo legal-) un 19 de maio ás 13 horas na Igrexa parroquial de Santa María del Campo de Viveiro (-igrexa románica onde cristianaron a Goretti e onde tamén se casaron seus pais, Luísa e Ramón, e a súa irmá Fátima-). Como sós non sabían estar a todos quixeron invitar. Trala ceremonia nupcial, unha comida quixeron celebrar no restaurante Louzao de Area (-Que comilona! Percebes, langostas, ameixas e lubrigantes a fartar! De 1º prato-) e cunha gran festa culminar. Colorín colorado este conto acabouse. Se entenderon o conto esperamos déanse por aludidos…>
O día da voda chovía a Deus dar, pero como estaba a familia e amigos de ámbolos dous, non houbo momento para o desánimo. Foi unha voda divertida e pantagruélica. Comer, beber e bailar a fartar! Tanto marisco había, tan rico e fresco, que o hosteleiro, Suso de Louzao, puxo a disposición dos comensais uns orixinais babeiros, para non se salpicar. Babeiros que os invitados levaron de recordo. Ao principio a xente era reacia a eles, pero quen máis, quen menos, acabou poñéndoo, entre bromas e risas, para non se manchar…
Goretti estaba moi linda e Pablo moi elegante. Resultaron moi bos anfitrións. Bailaron ata caer de cu.
Parte da familia Díaz-Ariza con candasúa parella.
A sobriña de Goreetti levou as arras e daba xenio mirala. É unha preciosidade! Cando entrou na Igrexa dei en chorar e a noiva colleuna no colo con toda naturalidade, levándoa ata o altar, cando súa nai, Fátima, cantaba no coro, púxose raiante e tiveron que levarlla, pero logo portouse como unha auténtica raíña.
. E que sexan moi felices! Comeron perdices el, pero ela, como é moi lista, comeu percebes do Roncudo e rodaballo a cachón …
Texto e Fotos: Fina Roca
?
Solta amarras no KANALA…
O día 31 de maio celebrouse o día mundial sen tabaco. A Xunta de Galicia sumouse a tan egrexio evento cunha guía para deixar de fumar: SOLTA AMARRAS.VIVE SEN TABACO…
http://www.sergas.es/gal/documentacionTecnica/docs/SaudePublica/tabaco/Solta_amarras.pdf
Na Coruña montaron carpa-botiquín diante de Palesco, -onde celebraban o XIV Congreso Nacional y III Internacional da Sociedade Española de Menciña Preventiva-, na que non faltaba moneco inchable, chaveros, cuncas e bolsas de cores, bolis para facer pompas de xabrón, cartucheiras, pulseiras verdes e azuis coa bandeira galega, envoltas en celofán, MADE IN CHINA.
Carpa xunteira coa ruleta e espirómetros para medir o volúmen pulmonar e fluxo respiratorio.
Corramos un tupido veo en tor a ‘made en China’. Toleadas xunteiras? Non grazas!
Vaiamos ao que de verdade importa. A proba do espirómetro tiña premio para quen deixou de fumar, dous anos como mínimo. Podías optar por xira-la ruleta na procura dun regalo ou dar unha volta en barco pola ría. A que subscribe optou -faltaría máis!- por navegar a vela, pero, todos cantos espirómetrando estaban, que non eran poucos, prefiriron xogar coa ruleta de cores. Soltar amarras, vento en popa toda vela, non ía con eles…
O día estaba gris e neboento…
O Kanala capitaneado por Jorge Pena e a autora desta reportaxe.
Ás doce e media da mañá cinco ex fumadores embarcamos no devandito KANALA con base en Sada, -44 pies, 14´5 metros de eslora e pau de entre 22 e 23 m-, capitaneado por Jorge Pena, mariño experto en navegación e crucerios, quen adoita navegar sen límites ao redor do mundo. Saímos da dársena co motor ao relentí ata despega-las velas. A mar estaba calmiña, agás na bocana da ría, non chovía, non venteaba demasiado, nin había maruxía. Andar a vela é unha maravilla! Tras navegar pola ría, vento en popa, Jorge, achegounos ata o castelo de San Antón, actual museo da arte castreña, e bordeamos a monumental medusa do carbón, que están a piques de inaugurar…
A medusa portuaria vai acabar cos problemas do carbón, un cargueiro ao seu carón…
Castelo de San Antón dende a bocana da ría coruñesa, onde José María Bello, actual director, fixo unha importante labor de recopilación e explicación arqueolóxica. Paga a pena visitalo…
Kanala, kanala, kanala, quizais sexa un nome vasco, femenino analóxico de canal? Un lugar de Vizcaya, situado no mirador de Urdabai declarado pola UNESCO en 1984 reserva da biosfera? Ou grego? A Kanalia da illa de Citnos a 56 millass naúticas do Pireo. Quen sabe! Tanto ten! Non preguntei polo orixen do nome do veleiro, porque espero repetir experenzas e singladuras. Foi a única iniciativa da Xunta de Galicia que me gustou plenamente, e falo con propiedade xa que son foncionaria da categoría A con 35 anos de servizos prestados. Debería ser obrigatorio navegar, como mínimo unha vez ao ano.
Como deixei de fumar? Con moito mono. Estaba insoportable pero decidida a non volver coller un cigarro. Fixen unha lista de ventaxas e inconvintes. Era unha fumadora compulsiva, quemaba tres paquetes diarios de tabaco rubio. Decateime de que estaba a fumarme unha hipoteca, e quizais eso salvoume, amén de ver de cerca o cancro de pulmón. Que mal se pasa! Engordei un montón, porque deixei un vicio por outro: comía a mazo! Suprimín a comida, os bocatas denoite, polas zanahorías. Saía a correr por lugares inhóspitos e sen cartos, pois, en máis dunha ocasión vinme mercando tabaco, ou pedíndoo. Tardei seis meses en regular a situación, vai case para catro anos que non fumo, xa non me apetece, mellorei en saúde, podo andar sen cansar e recobrei o olfato. Fumei dende os 14 anos ata os 56. É difícil deixar de fumar sen axuda, pero non imposible. Ánimo!
Textos e fotos: Fina Roca
?
O Avión de Amnistía Internacional…
Amnistía Internacional, con motivo da visita a España da asesora de Seguridade Nacional da Casa Blanca, Condolezza Rice, escribiulle unha carta ao presidente Zapatero para que lle faga chegar a repulsa nacional polo que está a pasar nos EE.UU.
Na Coruña a agrupación local de Amnistía Internacional, encabezada por Margarita González, manifestouse diante da embajada estadounidense, para denunciar que a política dos EE.UU viola os Dereitos Humanos e vulnera o Dereito Internacional, tal é o caso da pena de morte, das desparicións e torturas en Guantánamo. Os activistas recolleron firmas, leron un comunicado e fixeron unha representación alusiva aos avións da morte.
Non máis vóos á tortura…
Membros de A.I con monos laranxas e capuchóns negros sosteñen un avión en forma de féretro en clara alusión aos avións estaounidense que sobrevoan Europa facendo escala, incluso, en España con persoas desparecidas para interrogalas sen ningún tipo de garantías, e torturándoas.
Non só os magos fan desaparecer…
Pegadas negras e carteis cos nomes, apelidos e nacionalidade dos desaparecidos e condenados a morte, chicanos, pobres, retrasados mentais…
Texto e Fotos: Fina Roca
Moellas de terneira con arroz e mexillóns…
Confeso que ía falar do resultado das eleccións municipais, pero estou tan cabreada que é mellor cociñar.
Vivimos nun tempo histórico no que tanto as dereitas como as esquerdas están máis preocupadas en saír na foto ca dar solucións aos problemas socias, empezando pola vivenda e seguindo pola inmigración. Todos gañaron! Non houbo perdedores! Escoitar a un, é escoitar a todos, se un ten máis votos, o outro ten máis de todo. Aburren a un santo! Seguen os mesmos, anque remontan as esquerdas (PSOE+BNG+EU) e as mulleres de tódalas tendencias, que non é moco de pavo. A nota política deuna Paquiño Vázquez instando ao seu delfín a pactar coas dereitas do PP, este home non ten remedio, non se resigna a vivir do papado, nin se conforma con ter mansións en todas partes, incluso, en Polonia, quere mandar na conciencia dos coruñeses con promesas inverificables de salvación eterna. Desta si que o seu fillo putativo, o devandito delfín Javier Losada, móntalle a catedral en Riazor en pago aos servicios prestados! Demasiados progresitas de pacotilla para o meu gusto, pero bendita democracia, que non nos falte nunca…
En fin! Ao que íamos…
As moellas (mollejas en castelán) de tenreira son unha das partes máis finas da vaca. Dan traballo pero paga a pena facelas. Son moi fáciles de dixerir.
Ingredientes: tres moellas frescas para catro persoas.
1-Metelas en auga fría tres ou catro horas para que solten o sangue. Cocelas perante dez minutos con sal, cebola e unha folla de laurel. Deter a coción mergullándoas en auga fría. Quitarlle-la pel e grasa. Escorrer a auga, metelas nun pano branco e poñer un peso enriba perante unha hora aproximadamente para que se aplasten. Unha vez aplastadas, cortádeas en cachos ou en filetes (fritas rebozadas están moi ricas).
2. Facede un caldo (vale calquera, de carne, verduras ou peixe) coa auga de coce-los mexillóns e as verduras que estimedes convintes, un puerro, zanahoria…
3. Picade cebola abundante, dúas cabezas de allos, medio tomate e abride unha lata cativa de champiñóns…
4. Unha cunca de arroz cocido, en branco, e lavado…
Preparación: Sofreir a cebola picada cos allos e tomate, engadir as moellas picadas e champiñóns, que se doren, engadir abundante caldo deixar cocer dez minutos, que queden tenras, e cando estean listas bota-lo arroz e os mexillóns sen cáscara. Que o arroz quede caldoso e como xa está feito todo consiste en botar máis o menos caldo. Espolvorear con pirixel e a papar! Que aproveite.
Nota: como tódalas cousas convén facer os preliminares o véspera, ter o fondo de neveira co caldo, as moellas limpas etc.
Fotos e texto: Fina Roca
?
Xornada de reflexión…
Mañá toca votar alcaldes e alcadesas, poucas, polo que se ve nas listas…
Convén reflexionar en tor aqueles alcaldes que necesitan dun pelotón de policía para dar mítines, incapaces de dar un paso sen policía local + nacional. Nunha ciudade como a Coruña, na que os coches aparcan onde lles peta, non é de recibo que os ‘gardas’, que pagamos todos/as, abandonen as rúas para seguir a un home en campaña electoral, tal é o caso de Javier Losada, que parece o presidente do goberno con tantos policías ao seu carón, non baixaron de dez por día en toda a campaña…
En fin! Reflexionade ben con…
http://video.google.es/videoplay?docid=-6587998831552111596&q=as+farolas
Losada se escapa…
Javier Losada, delfín de Paquiño Vázquez, aspirante á alcadía da Coruña polo PSOE, dei a nota en Elviña…
Acudiu a da-lo mitin preelectoral no colexio público Ramón de la Sagra rodeado da garda pretoriana (policía local e nacional) saindo pola porta de atrás en medio dunha fenomenal pitada. Os pacíficos manifestantes non podían acercarse a el nin de coña, i el non tivo a deferencia de acercarse a eles para interesarse polos seus problemas. Como corría o cabrón escaleiras arriba! Mágoa que as cámaras da televisión non captaran o momento! Que momento! Losada correndo coma un galgo arroupado por gardespaldas e gardas. De quen tería medo? De min non creo…
O mitin comenzou ás oito e media da tarde, hora na que xuntáronse dúas manifestacións organizadas por dous colectivos do barrio: Asociación de veciños de Monelos Fuente de las Pajaritas e Asociación en defensa del Mercado de Elviña.
A Asociación de veciños reclamaba: un Local para a Asociación no barrio, que xa tiñan no mercado de Elviña antes da reforma e que Paco Vázquez prometéralles conservar. O devandito local estaba pola parte de atrás do PINCEL lugar da concentración (foto nº1); a realización do parque de Oza, xa que Losada hai dous meses que posou para os fotógrafos diante das paleadoras e nunca máis se soubo de tan ambicioso proieto (ver información sobre Oza e Castrillón nesta mesma páxina); o peche do Jockers na rúa Bugallal Marchesi, por non respetar a lei do silencio nin de día nin de noite; e a total oposición a instalación do IMELGA (ver información nesta web); tamén denunciaban a mala situación do mercado de ELVIÑA.
As vendedoras/as de Elviña viñan uniformadas con candaseus mandils, azuis e brancos, pancartas, pitos e altofalantes.
As pancartas e consignas non tiñan desperdicio Losada e Cebreiro (concellala do barrio) levaron a peor parte. Culpan a Cebreiro de deitarse das asociacións para acadar o cargo de concellala de A Coruña. Primeiro estaba nas APAS, logo na Asociación de veciños e xa se sabe, dende que ten o mando, pasa das necesidades do barrio, non lle perdoan que as sacaran dos seus postos de traballo para vender as mellores prazas ás multinacionais.
Seguen a denunciar a situación do mercado, non están conformes con que mandaran a praza para arriba de todo, para o trasteiro, como ben din. Dende fóra non se ve o mercado, xa que os escaparates fíxeronos para Adolfo Dominguez, Gadis, Pincel, PCITY, etc. Carecen de ventilación axeitada, o aire acondicionado non funciona, os postos carecen de persianas de peche, a vixilancia é insuficiente e o ascensor non para na pranta baixa, baixa e sube dende o garaxe privado. Que barbaridade! As placeras dan vales para o garaxe de media hora, pero o Gadis de dúas horas! Quen pode coa competencia das multinacionasi? É moi difícil competir co Gadis cos escaparates enormes de peixe e demáis. Adolfo Domínguez roubou un cacho da estrada e xardín para facer o seu monumental comercio, pouco apto para o nivel adquisitivo dos habitantes de Elviña. É lóxico que as pescantinas, carniceiras, queixeiras, verduleiras, charcuteiras, floristas e demáis se sintan enganadas polo socialista Xavier Losada. O PSOE non debe pasar por alto este grave problema, hai que darlle ao César o que é do César. É nas pequenas cousas onde se ven os políticos…
Aos manifetantes non os deixaron pasar da porta da entrada do colexio dos seus propios fillos, valados de ferro e gardas impedían a entrada. Eso si, dentro do colexio montouse unha mesa de moito coidado con cargo aos contribuintes, claro! Non faltaba de nada…
fOTOS Y TEXTO:FINA ROCA.
Día das letras galegas…
Paso o 17 de Maio, día das Letras Galegas, en Viveiro, escoitando unha orquestra na Fonte Nova, que interpretaba boleiros en castelán, anque tamén interpretou a Negra Sombra en galego. Pareceume pouco apropiado o dos ‘bailables en lingua castelá’. Cabe subliñar que, os nacionalistas con representación municipal, estaban presentes e aplaudían a rabechar. Para min que a ‘orquestina’ tomoulle o pelo ao concello. Diríase que eran do PP preconciliar. A ámbolos dous lados da praza había dos tenderetes de libros, en galego, que pouco ou nada vendían…
Mal anda quen lle dedica un só día a Cultura! Así non vamos a ningures. O galego ten pouco porvir como non volvan a popularizalo…
En vista de que non había moito que celebrar na vila, encamiñei as miñas pegadas ao paseo do río Landro, popularizado polo príncipe do romanticismo, Nicomedes Pastor Díaz. Que maravilla! Senteime na ribeira a ler o libro de Fran Alonso, A vida secreta de María Mariño, Ed.Xerais, da que, confeso, nada sabía ata que a homenaxeron este ano. Na represa, preto do Pozo de Piago, no medio da natureza do val de Landrove, lin o libro dunha tacada, ten unha lectura agradable e fácil. O tempo era bo e a paisaxe extraordinaria ata que a néboa por facer a puñeta apoderouse do solpor.
A Néboa a onde non chega manda recado!
Curiosamente estaba a ler estes versos de María Mariño cando me tiven que erguer e abrigar: Quen eres- preguntareiche- quen eres?/ Son a néboa que anda soia, sen o sol/ que quenta as queixas dos camiños… (…) Tiven medo de vogar/tiven medo da auga crara. /Anque fora cunsn bos remos/anque fora na mar calma/ non vogaba!/ Non vogaba…
Paga a pena ler a obra desta poeta amiga de Uxío Novoneyra. Fina Roca.
?
Día mundial do comercio xusto. A Coruña…
Praza de María Pita.
Carpa solidaria apoiando o Comercio Xusto co fin de que milleiros de familias en todo o mundo gocen de mellores condicións de vida. Diante da carpa había unha saba branca na que as persoas slidarias cosían un cacho de tea con frases relativas ao Terceiro Mundo, en especial con Africa, alusivas á fame, SIDA, pobreza extrema…
Na carpa había productos artesanais de varias partes do mundo e degustación de café e repostería, como unhas galletas, riquísimas, feitas por unha xove cooperante, cuxos ingredientes principais eran os anacardos (noces marañón) de Choluteca, Honduras. Anacardos que comercializaban ao natural e doces, en bolsas de 100 gramos, a 2´60 euros, provintes dunha cooperativa de cen labregas hondureñas, exportadas a través das redes do comercio xusto, que ven ser unha alternativa de reducción da pobreza a nivel mundial, baseado en principios éticos.
Comercio Xusto ríxese polos principios de igualdade e respeto entre produtores, tendas, importadores e cosumidores: redución da cadea de intermediarios, pago dun prezo xusto, condicións laborais dignas, non discriminación, non explotación infantil, respecto ao medio ambiente, productos de calidade…
Fotos e texto: Fina Roca
Unha imaxe vale máis que mil palabras…
Velaquí aparcado un coche do 091 na coruñesa rúa Juan Neira, no paso de peóns, fronte aos novos ministerios, onde queren poñe-lo Imelga, obrigando a unha persoa que se despraza en cadeira de rodas a meterse na estrada ante a indeferenza do garda de turno situado a súa esquerda! Vamos! Que logo multánnos, privándonos de puntos e comas por aparcamento indebido. Haberá que dar exemplo, non si? Dáse a circunstancia que nesta rúa os coches aparcan como lles peta, incluso, nas beirarrúas e diante dos vados, sen que ninguén lles diga nada. Viva a anarquía! Fina Roca.