As Carrachentas

O Día 20 de xuño, ás oito da tarde, na sede da Fundación Caixa Galicia de A Coruña, presentación do libro As Carrachentas de Fina Roca, editado pola Asociación Cultural Estabañón (Viveiro). No acto, organizado pola la ASOCIACIÓN COMARCAL VIVARIENSE, intervendrán César Pais, Fausto Galdo, Xavier Alcalá e Fina Roca.

A entrada é libre. O libro pódese adquirir en tódalas librerias de Viveiro e nas coruñesas Nos e Lume.

Parque de Oza 2008

Un ano despois de que empezaron os traballos de demolición das casas e chabolas do futuro parque de Oza de A Coruña o aspecto é desolador. O camiño do Corgo dá mágoa velo e a vexetación autóctona foise ao carallo. Se hai un ano as paleadoras derrubaron castiñeiros e loureiros centenarios, magnolios, laranxeiras, limoeiros, manciñeiras, pereiras e pexegueiros, antonte, de novo, as paleadoras entraron a saco derrubando todo ao seu paso, dende o antigo orfanato e as murallas que o rodeaban ata figueiras, cereixeiras e guindeiras cargadiñas de froitos… Abonda ollar as páxinas desta bitácora para ver o antes e despois, as fotos de 2006 e 2007. O Arco de medio punto que sobrevivía a antiga zona fortificada vai caer dun momento a outro, arco que os rapaces máis friquis do barrio reconverteron no seu particular picadeiro decorandoo a súa maneira coma podedes ver. E todo esto ao carón do corte inglés… Como unha imaxe, as veces, vale máis ca mil palabras, xulgade por vós mesmos/as. Naturalmente o prezo que lle deron polas casas e leiras aos seus propietarios, non é o de mercado, xa que nesta zona, un apartamento de 50 metros cadrados, non baixa dos 50 quilos das antigas pesetas. Os expropiados forzosos están indignados ou pleiteando co Concello, pero destas cousas non se fala na Prensa.

Parque de OZA junio de 2008 001.jpg

Parque de OZA junio de 2008 003.jpg

 Estado actual do camiño do Corgo, ancestral camiño coas súas fontes de pedra labrada e pozos de auga de gran pureza.

O máis friqui de decoración arqueolóxica consentida polo Concello:

Parque de OZA junio de 2008 012.jpg

Velaquí o arco de medio punto onde acamparon os rapaces para encherse de porros en pleno camiño do Corgo pero, insisto, ver nos arquivos desta mesma páxina que lindo era todo esto denantes de que entraran as paleadoras para destruír o parque autóctono, bosque, que xa tiñamos.

Parque de OZA junio de 2008 013.jpg 

Parque de OZA junio de 2008 009.jpg

Por estes pagos transcurre a acción da Tribuna de Emilia Pardo Bazán, a protagonista, Amparo, probablemente vivía na actual rúa Montes…

Texto e fotos: Fina Roca?

CARRACHENTAS, CAROLINAS, CATALINAS…

PortadaCarrachentas[1]1.pdf

Autora:Fina Roca

Editorial: Asociación Cultural Estabañón

Deseño de portada: Carolina Núñez/Anorak Studio

Argumento: Trátase do baño marítimo das labregas galegas que baixaban da montaña á praia a toma-los baños no mes de setembro despois das mallas e de sementar os navos. Estas peculiares bañistas reciben diversos nomes segundo o lugar. En Viveiro chamábanse carrachentas, en A Coruña catalinas, en Ferrol carolinas; poubanas, montañesas, canónigas… noutros lugares…

O libro está ilustrado con fotos antigas de Ariza (Foto cine Ariza) e Carlos (Foto Carlos) avó e tío da autora; e con fotos actuais da profesora Marta Michelena e do doutor José M. Moreno.

Instituto Urbano Lugrís, A Coruña

O IES Urbano Lugrís de A Coruña co gallo do centenario do pintor do mesmo nome celebra unha interesante exposición, que estará aberta ata o 23 de abril…

http://es.wikipedia.org/wiki/Urbano_Lugr%C3%ADs

As responsables da exposición, as profesoras Mercedes Rielo e Inés Astray, pretenden achegar a todo o alumnado -ESO, Bacharelato e Formación Profesional- á figura de Urbano Lugrís, de tal xeito que o nome do Instituto teña algún significado para todos os estudiantes.

Copia de IES URBANO120.jpg

A exposición complementase con diversas e entretidas actividades culturais sobre Urbano Lugrís das que caben subliñar unha morea de xogos  en equipo para alumnos/as de ESO, que se poden resolver ollando os cuadros expostos: fichas sobre a vida e obra de Urbano Lugrís, puzles, crucigramas, revoltigramas, xeroglíficos, debuxos, etc..

Copia de IES URBANO109.jpg

IES URBANO104.jpg Copia de IES URBANO107.jpg Copia de IES URBANO105.jpg

IES URBANO111.jpg Copia de IES URBANO116.jpg IES URBANO110.jpg
Profesora Rielo

Outra das actividades realizadas para celebrar o centenario, baseándose nun cuadro de Urbano Lugrís, a Torre de Hércules, foi participar no 24 Concurso Escolar da ONCE con dous vídeos sumándose á reivindicación da Torre de Hércules patrimonio da Humanidade na que participan alumnos/as de ESO e Bacharelato, que podedes ver en:

Vídeo sobre la obra del pintor del mar:    

Ministra de Defensa…

Non mo podo crer! Unha muller preñada ministra de defensa? Desta si que me fago Zapateriana! Que eu saiba a ministra de defensa Carmen Chacón é pacifista e catalanista, é dicir, nacionalista.  Que pasada! Unha muller xoven e embarazada poñendo firmes a tantos guerreiros machistas? Ánimo soldadas que desta si que chegades a xeneralas. Agora si que poidemos crer na igualdade. Viva quen fixo posible esta fazaña! Por favor Carmen non collas a licencia por maternidade, que a colla o teu marido, te necesitamos para desterrar das Forzas Armadas tanto guerreiro con sede de venganza. Postas a pedir, en pro da igualdade das tribus e castas tes que acabar cos privilexios dos clubs de oficiales e suboficiales, que pagamos todas/os. De seguir así, Zapatero, vai conseguir que en Cidade Vaticano, en lugar de Papas haxa Papisas.

Noraboa Carmen Chacón! Nos guste ou nos disguste, eres a primeira muller, preñada e sen preñar, que vai dirixir ás Forzas Armadas. 

Fina Roca   

Terroristas fóra…

Xa está ben! Pero, por moito que eu lles diga aos terroristas, non pararán de matar. Equivócase quen pensa que vai acabar con eles con programas de deseño ou con todos os exércitos  do mundo. Tanto ten quen mande, porque os terroristas, como os psicópatas, carecen de sentimentos. ¿Como se pode vivir con tanto odio metido no corpo? Fai falla ter moi pouca conciencia para atacar coas armas a quen só emprega o uso da palabra.

Todos somos culpables! Acabando co oportunismo político e educando aos nenos e nenas en igualdade dende o berce  acabaremos co terrorismo de Estado, Islamista, Etarra, de Xénero. etc…

Mañá ,todas as mulleres traballadoras, e homes con conciencia, deberíamos ir porta con porta condenando o terrorismo, veña de onde veña, e animando a xente a votar. Que ninguén acabe coa democracia que tanto anos costounos acadar.

Que os bispos arrimen o hombro e se deixen de leiras, que traballen pola igualdade, predicando co exemplo. Outro galo cantaría se en lugar de ter un Papa, presidindo a Igrexa, tivesemos unha Papisa, non si? Fina Roca

 

 

Zapatero na Coruña…

Confeso que non son partidaria do bipartidismo político ao que nos queren levar o PSOE e o PP. Pero tamén confeso que onte gustoume o mitin de Zapatero na Coruña. Que pasada! Os socialistas, como o ave Fénix, rexurdían das súas cinzas e, ata Losada, que ten un discurso trapalleiro, falou ben! O peor Molina, demasiada propaganda de se mesmo para o meu gusto, non debe ter avós, como Paquiño Vázquez, un ministro de cultura debería dominar, como mínimo, as linguas autonómicas, arrasaría falando galego! Touriño, afónico, foi o único que empleou a lingua galega, anque as veces o subconcsciente facíalle malas pasadas e se lle escapaba o castelán, moi oportuna a comparación que fixo do programa do PP co reinado de Isabel a Católica e a situación do xudeos conversos…

A bandeira gai ondeaba por primeira vez nas primeiras filas dos socialistas! Como en Naseiro… 

Botábase en falta unha voz de muller, a viceperesidenta do goberno por exemplo! Para combatir o machismo hai que dar exemplo, non abonda con falar e falar. Algo falla cando MITINEAN catro santos varóns (Losada, Molina, Touriño e ZAPATERO) e ningunha muller….

Con todo, o mitin fixo que renacera nos indecisos o desexo de votar socialistas, e iso é bo, moi bo, como foi bo ver familias enteiras, bisavoas, avoas, pais, nais e fillos, interesándose pola política…  

Non! Os socialistas non acaban coa famila, abonda con ollar as fotos…

 

Mitin zapatero 28f 048.jpg

Mitin zapatero 28f 077.jpg

 Mitin zapatero 28f 037.jpg Mitin zapatero 28f 064.jpg Mitin zapatero 28f 090.jpg 

? En fin! Que continue o pluripartidismo e que gañe o mellor, pero ollo as dereitas privatizan e as esquerdas socializan! Votar ás dereitas e volver á prehistoria.

Texto e fotos: Fina Roca

cocochas de merluza conxeladas…

Ingredientes para tres persoas: unha tarrina de 250 gramos de cocochas de merluza -trae entre 25 e 30 cocochas e custa 5 euros- unha cebola e un pimento verde grandes, oito patacas pequenas, un bote pequeno de champiñóns, pirixel picado, allo e unha copa de viño Alvariño.

Modo de facelas: deixar desconxelar as cocochas á súa vara na neveira ou temperatura ambente; cando estean desconxeladas, dez minutos antes de cociñalas, adobalas con allo sal e pirixel; pochar a lume lento a cebola e mailo pemento; engadir as cocochas e os champiñóns en lata, deixar facer primeiro a lume lento e logo, no momento de botar o viño, a lume forte.

Servir na propia sartén e espolvorealas con pirixel picado.

Cocer as patacas con monda (cachelos), un cacho de cebola e unha folla de loureiro.

cocochas de merluza 001.jpg cocochas de merluza 003.jpg

cocochas de merluza 005.jpg cocochas de merluza 006.jpg

Por sete euros aproximadamente e 15 minutos de tempo podedes comer a corpo de rei tres persoas.

A receta vale para as frescas, pero son máis caras, merman máis e non sempre as atopamos no mercado. Tamén se poden facer coas cocochas do bacallao, pero hai que poñelas a remollo cando están salgadas.

A papar! Que aproveite!

texto e fotos Fina Roca.

Excursión a Lalin

O pasado sábado, organizada pola Asociación Cultural e Recreativa Comarcal Vivariense, houbo unha xuntanza de 70 viveirenses/as no quilómetro cero de Galicia, en Lalín, no restaurante Agarimo, para participar na festa do cocido, festa que se celebra cada ano dende o domingo anterior ao Entroido e que dura un mes coma mínimo. Cabe subliñar que hai autopista dende A Coruña a Lalín e que axiña se chega, unha hora aproxidamente. Eu facía moitos anos que non pisaba esta terra da comarca do Deza e atopei todo moi cambiado.

A Plaza maior está moi linda e chama a atención a escultura do cerdo que podedes ver nas fotos.

Que ben comimos!
Que cocido mi madriña!
Non faltaba de nada, carne de cocho e vaca, grelos, chourizos e patacas. Os chourizos pingaban as patacas que daban gloria, incluso, habíaos de cebola e dos outros. De postre filloas, leite frita e queixo do país con membrillo. Mercamos queixos, touciño con e sen febra e chourizos.  Antes de xantar fixemos un percorrido polas tascas da vila e monumentos.
Mágoa non poder ver o museo! Estaba pechado…
Lalín conta con persoeiros tan ilustres como Laxeiro: Xosé Otero Abeledo.

En 1984 o ex presidente da Arxentina Raúl Alfonsín visitou estas terras habida conta de que os seus avós son de Casaldernos, Alfonsín é o neto de Serafín. A vila está irmanada coa cidade na que naceu o ex presidente: Chascomús. De Lalín tamén era Cuiña, quen, como non comungaba coas rodas de muíño de Rajoy and company, foi ‘vilipendiado’ polo seu propio partido!

Texto e fotos: Fina Roca