http://bvg.udc.es/ficha_autor.jsp?id=MarGarc%ED1
Organizada pola Asociación cultural O Facho, a escritora, profesora e política, Pilar García Negro dei unha conferencia na aula de prensa da Fundación Caixa Galicia (17-12-08). Gran coñecedora da obra rosaliana, Pilar, comenzou o seu relatorio chamando a atención de que ‘faise preciso desentrañar os motivos dunha falsa lenda que aínda hoxe en día envolve a vida e obra de Rosalía de Castro (1837-1885) . Cumpre devolver a esta gran escritora, galega, á verdade da súa produción literaria, ao seu radicallismo e a súa transgresión coma muller librepensadora, poeta, novelista, ensaísta, articulista, actriz… Rosalía representa a esencia e inicio da modernidade galega, é a voz e interpréte principal da historia contemporánea de Galiza, a primeira feminista do seu tempo e se cadra da Europa do século XIX. O seu feminismo non foi casual, para nada! foi froito da correlación existente entre a súa posición vital, filosófica, social e política. Rosalía era unha muller moi culta para o tempo que lle tocou vivir…>>
A profesora García Negro doíase das críticas adversas que ao longo da Historia tivo tan egrexia escritora. Mesmo Unamuno, e os seus coleguiñas do oitocentos, tiveron unha ridícula visión da autora de Follas Novas. Para Miguel Unamuno ‘Rosalía era unha pobre aldeá que dei exemplo de virilidade e independencia de espírito’. Non fai falla remontarse ao século XIX para descubrir que os intelectuais galegos pensan igual cos escritores da xeración do 98 que tan mal trataron a nai da patria galega. Mesmo Xesus Alonso Montero en 1972 fixo un desafortunado retrato de Rosalía baseado nos falsos tópicos exitentes en tor a unha escritora galega, Rosalía, que creeou unha obra diferente, e que pon de manifesto tanto a hipocresía social como o decrépito da literatuta, reivindicando, o dereito das mulleres a escribir e cobrar por elo. Desafiando, incluso, a falsa moraliña da Igrexa Católica, facendo a Luzbel (Lucifer o anxo fermoso que se rebelou contra Deus) protagonista na súa obra, convertendoo nunha fermosa e terreal muller.
Pilar rematou o seu relatorio animándonos a mergullarmos na obra desta escritora universal, recitando uns versos do libro de Follas Novas: A Xustiza pola man que non teñen desperdicio. No coloquio saiu a reluzir Luzbel, Maruja Mallo, Rosa de Luxemburgo e o gran narcisismo da Real Academia Galega onde só hai catro mulleres fronte a 30 numerarios. É dicir, que o canto mixósino do intelectalismo galego da mágoa.
http://www.google.es/search?hl=es&q=Real+Academia+Galega&meta=
Texto e fotos: Fina Roca.?