Segundo o Consello Escolar do Estado o 50,9% do alumnado de ESO matriculado en centros públicos non elixen RELIXIÓN como materia, pero os bispos sosteñen que superan o 80%. A Confederación Laica de Pais de alumnos (CEAPA) , que é maioritaria nas Escolas e IES públicos, ven de denunciar (El País, sábado 27 de maio) as presións da elite eclesiástica (Papas, bispos e cardenais) para impoñer as clases de Relixión a tódolos alumnos/as, de tal xeito que quen non queira Relixión terá que escoller ‘Alternativa á Relixión’, que é maís do mesmo do actual sistema educativo.
A CEAPA denuncia as inxerencias da Igrexa en asuntos de Estado, pero tamén denuncia os responsables do Ministerio de Educación por reunirse cos bispos (o pasado xoves) a discutir a LOE, antes de facelo co Consello Escolar do Estado. Que Morro! Teñen máis cara cun vagón de monecas, os bispos, seguen a ter un trato privilexiado para todo, non deixan de darmos a vara e queren mandar nas nosas conciencias con promesas inverificables de salvación eterna.
‘A Igrexa é a única institución que cobra do Estado por facer propaganda de se mesma’. Se queren profesores de relixión que abran as plazas a todos/as, que pasen o filtro das oposicións como o resto do persoal docente, que se poñan á cola dos interinos, do baremo…