Indígnate…

Indígnate, segunda parte, dedicada a Carlos Jiménez, o mellor showman da RTVG, da radio idem e do mundo mundial. Aos cinco minutos de publicar o de indígnate, xa estaba el chateando conmigo para que llo contase todo con pelos e sinais, dende entón non fai máis que mandarme e-mails con certo morbo e colgando as fotos da desfeita no facebook, facendo porras por ver se me facían ou non caso. Pois sí queridiño, xa sabes que cando me indigno arde Troia, pero desta vez, farta de andar berrando sempre, filmei o corpo de delito, chamei a policía local e amenacei ao constructor con paralizarlle a obra: remedio de santo. Ese mesmo día xa me estaban a quitar a capa de po branco e hoxe as cinco da tarde viñeron coas máquinas aspiradoras e mangueiras: luz e maila auga de obra. Faltaría máis…

Fago constar que estiven na cadea humana e nas jaimas dos Indignados coruñeses do obelisco. Publicarei algo sobre o mesmo agora que recuperei a autoestima. O mellor de todo esto, foi ver a meu pai (88 anos) resucitando do letargo mental, bastón en man, cal macho alfa, amezándoos, como non me fixesen caso. En dúas horas deixaron todo como os chorros do ouro, incluídos os cristais. César ofreceulles una cerveza, pero advetíndoos de que non volvesen repetir a desfeita. Rimos a cachón os obreiros e máis eu, pois eles non teñen a culpa de facer as cousas mal: son os constructores e os promotores os que mandan. En fin! postas a pedir vou ver se me pintan a terraza polas molestias recibidas. As prantas procurei podalas agora mesmo para que resuciten na súa totalidade…

Velaiquí empezando os preparativos:

Fina Roca, Limpieza terraza tras la denuncia 002.jpg

O antes e o despois, anque nas anotacións anteriores podes velo antes moito mellor

Fina Roca, Limpieza terraza tras la denuncia 003.jpg

Cesar revisando a limpeza:

Fina Roca, Limpieza terraza tras la denuncia 004.jpg

Fina Roca, Limpieza terraza tras la denuncia 006.jpg

Texto e fotos: Fina Roca

A Lei do cemento: presuma do seu barrio

Antes e despois:

Coruña:

A) Rúa da Igrexa (Monelos) 1 de marzo de 2010: Fermosas casiñas de pedra con patio, solana e horta.

B) 5 de marzo de 2010: sábado ás cinco da tarde. López Cao non pasa crises, perante a semana ten os camións traballando para o Concello de A Coruña, e os sábados, malia o convenio da construcción, traballa para as empresas privadas que sustitúen esas casas tan lindas que rodeaban o parque de Oza por eses monstrencos de cemento. Asemade a devandita empresa, aproveita o descanso semanal de mediodía para poñer a traballar ao capataz da obra, obreiros e camioneiros para vallar e levar o desentullo das casas derruídas do Camiño da Igrexa para o propio parque de Oza, para detrás do Instituto de Monelos.

marzo 20010, Fina Roca. 008.jpg

Velaquí:

C) Namentras os sufridos veciños aguantan as desfeitas e consabido po nas casas e patios interiores. Van para catro anos que están a aguantar o que se ve nas fotos. E o ALCALDE da cidade orgulloso de todo cos seus camións expositivos de fotos baixo a plica de presuma do seu barrio. Hai que foderse!

2009-20010, arquivos Fina Roca. 241.jpg

2009-20010, arquivos Fina Roca. 251.jpg

2009-20010, arquivos Fina Roca. 242.jpg

2009-20010, arquivos Fina Roca. 237.jpg

2009-20010, arquivos Fina Roca. 248.jpg

2009-20010, arquivos Fina Roca. 2631.jpg

Maravillosas construccións no entorno do parque de Oza na rúa da Igrexa: en lugar de agrandar o camiño o achican aínda máis. Apenas pasa un coche con dificultade e aínda queda o consabido bloque de cemento que van a facer no lugar que estamos a ver. Vamos! Que construccións López Cao fórrase e Urba + tamén: todo queda na casa.

Os camións que traballan en sábado cargan os pilares de pedra das casas da desfeita e mailas vigas de madeira noble, que de seguro constiúen un novo negocio sen IVA. E os Sindicatos calan. Quen máis quen menos pon o cazo para beneficiarse da crise: a Lei do Cemento continúa. 

2009-20010, arquivos Fina Roca. 247.jpg

2009-20010, arquivos Fina Roca. 249.jpg

Non contentos con encher de merda os pisos e patios interiores das Rúas colindantes, aínda por riba meten os colchóns que atoparon na obra nun dos patios interiores sen que ninguén o remedie. Alguen quere maís?

Texto e fotos: Fina Roca

Feliz ano 2010

Confeso que empezo a pasar das celebracións consumistas: o Nadal é unha das datas más estupidamente consumista e hipócrita de todas cantas hai no calendario; con todo, quero felicitarvos a todos coas miñas fotos: unha casiña que está na Coruña, entre a Avenida de Arteixo e os Mallos, xusto ao carón do Centro Cívico, na que vive -ou vivía pois hai tempo que non a vexo-unha encantadora señora maior que coidaba das poucas plantas que lle deixou a civilización:

-Antes tiña unha horta e galiñas! Dicíame 

Casas 0051.jpg

Casas 0041.jpg

Casas 0061.jpg

Casas 0071.jpg

Enfrente queda estaoutra con mini horta, habitada por un señor a quen si vexo a miúdo.

Non se trata de ningún barrio chabolista, nin moito menos…

Texto e fotos: Fina Roca

?

Parque de OZA 2009. Continúan as desfeitas…

Que barbaridade! Como xa anunciaba nestas páxinas, se cargaron un bosque por motivos electoralistas. Hoxe, os sufridos veciños e veciñas da rúa Joaquín Galiacho, a zona situada entre a calle de Juan Neira e a da Igrexa de Monelos,  pechada a cal e canto dende hai máis de seis anos, impediron que talaran as poucas árbores que quedaban diante das súas casas.

Levan un mes traballando a marchas forzadas para poder saír na foto cara as eleccións. Vivimos nun momento histórico no que os políticos, tanto os de dereitas, como os de esquerda, só se moven por motivos electoralistas. Non teñen vergoña nin quen lla poña.

Nesta mesma páxina (en temas, pinchade fotos, antes e despois, ou parque de Oza) podedes ver como era este paraíso denantes de que entrasen as máquinas.

Velaquí hoxe en día:

1.- Os veciños negáronse a quitar os coches e grazas a iso non tiraron as árbores que se ven no fronte. Aos capataces de obra non lles gusta que grabemos en vídeo o que están a facer. Os inxeñeiros da obra fuxen das imaxes como os gatos escaldados e mandan aos seus sicarios a botar fóra aos fotógrafos e fotógrafas que cuestionan esta estúpida obra. Na que primeiro tiran os muros de pedra e logo volven a poñelos:

2.- Esta zona estaba cheíña de árbores, había tantos, tantos, que semellaba un bosque salvaxe, que pertencía a finca dos Reboreda. Mesmo había un estanque rodeado de asentos semicirculares cubertos de azulexos de cerámica sevillana e un fermosísimo cenador, que se cargaron impugnemente, malia o seu importante valor artístico. Eran tantas, tantas, as arbores frutais, nogais e castaños, que había neste pulmón coruñés, que non se pode crer que os cargasen sen ningunha xustificación ecolóxica, para acabar prantando palmeiras enanas e laranxas bravas. Cómo é posible que arrancasen as figueiras, parras, manciñeiras, claudias, pereiras sen ter remordeimentos de conciencia? Que xentuza…

Este fermoso castaño, de momento, foi salvado polos veciños colocando os coches diante, chamándolles asasinos cada vez que intentan quitalo.

O resto do parque é todo un despropósito, un deserto que están intentando disimular con palemiras enanas. Observade, anque é mellor darse unha volta polo lugar. O Parque de Oza está á altura do Corte Inglés, entre a Ronda de Outeiro e Monelos.

Onde antes había árbores agora hai estradas, casas, camións, paleadoras e desertos:

Por favor! Deixade as árbores en paz.

Texto e fotos: Fina Roca.

A voltas coas hortas de Oza, Coruña

Os que me seguides neste blog sabedes que me cabrean as inxustizas socias, non as soporto! En Oza estánse a cometer moitas en nome da Lei e da obedenza debida. Como se todas as leis e políticos fosen modelos de virtudes! Se ben é certo que os xubilados/as que cultivaban os terreos do que vai ser ‘parque de Oza con rañaceos incorporados’ non eran os donos deles, non menos certo é que cultivábanos dende os tempos de María Castaña. As hortas mantiñan limpo o campo, servían de entretenemento e completaban a raquítica pensión de xubilación e viúdez dun fato de mulleres e homes. Eu teño pasado tardes enteiras nestas magníficas hortas, falando cos paisanos/as, comendo froita no medio das frores. Ninguén cría, que do día para a noite ían arrasar con todo sen darlles tempo para recolle-la colleita, agás eu por pasar por unha situación similar cando me tiraron a casa de Viveiro, A casa Barro, que podedes ver no link desta mesma bitácora.

Onte estive paseando polas hortas, parecía unha paixase lunática, desoladora! Como se pasara unha apisonadora! Arrasaron coas árbores froitais e ronseles. Dába mágoa ve-las manciñeiras, pereiras e pexegueiros cortados para leña. Montóns de leña abandonados no parque! Pero o que é peor: había rapiña na cidade na que ninguén é forasteiro! Estamos en tempos de fame quizais? Non se entende, que persoas con cara de boa saúde pelexaran por rouba-los cultivos de quen tanto traballou e que estaban a pasar por unha situación kafkiana…

-Roubáronme toda a colleita! Lamentábase unha paisana.

-Non me deixaron nada en pe! Levarónme ata as prantas aromáticas e cantas flores tiña cultividas. Dicíame Concha Vázquez Mella, unha muller de Monelos, que tiña un chabolo de cemento con 20 galiñas no campo de Oza, detrás da Igrexa de Monelos, polo que pagara cincuenta mil pesetas das de antes.

Curiosamente, a horta do crego de Monelos, que estaba chea de merda e de cascos valeiros de cervezas e refrescos, non a expropiaron, pola contra, os empregados municipais, limpiáronlla arreo con cargo ao concello! Tampouco expropiaron aos Reboreda, unha familia do señorío coruñés, a que non lle tocaron chisco do seu muro! Só tiraron as casas, chabolas e hortas dos que non teñen padriño para se defender…

Cando me atopei con Concha, a boa da muller andaba agachada entre as ruínas do seu galiñeiro buscando unha pedra de afiar coitelos, a que lle tiña moito cariño porque pertencera ao seu fillo. As galiñas e maila horta eran o seu consolo i entretemento dende que lle morrera o seu único fillo, quen traballaba nas obras e caeu polo hoco dun ascensor…

-Senón chega ser pola horta e os animais non sei que ía ser de min! Tiven que malvende-las galiñas para que non mas roubaran. Custáronme sete euros cada unha e vendínas a tres! Pero para o piso non podía levalas! Dicíame…

Concha non pensaba chorar pola expropiación forzosa e sen recibir un peso a cambio! Segundo me contaba xa gastara tódalas bágoas no enterro do seu único fillo. Mais miraba con nostalxia para todo canto amara. Nin tempo lle deu a coller as manzás dunha maceira que prantara coas súas propias mans e que daba unhas mazás riquísimas, tiña prantas de tódolos cores, tomates, leitugas, ovos…

Mentras falabamos ela seguía a buscar a pedra de afiar. Por fin deu con ela! Que alegría! Foi como se encontrara o tesouro máis preciado do mundo, cambioulle-lo rostro e alegroumo moito estar con ela nese intre…

Velaquía a Concha no momento de atopa-la pedra de afiar:

Desolador aspecto da horta de Cocha, ver a anotación seguinte nesta mesma páxina para ver como era hai apenas tres días.

Cabazas tiradas no medio dos escombros do galiñeiro de Pepe, o irmán de Concha.

Cando estabamos a face-las fotos apareceu Gloria, outra veciña, doéndose de que talaran unha manciñeira que cultivara ela mesma dentro dunha pota vella do caldo, e que logo transplantara xusto ao lado do muro dos señoritos do lugar, os Reboreda. Ámbalas dúas mulleres, afeitas ás desventuras, achegáronse a unha chabola hortícola, que aínda non tiraran, onde se daban as rosas máis fermosas do mundo, para coller follas de figueira:

-Son boísimas en infusión! Para a dor de estómago e para os nervios! -Dicía Concha- A partir de agora virei a botarlle de comer aos gatiños, porque andan perdidos dende que empezaron coa desfeita. O parque pode quedar moi lindo, pero acabaron coa miña forma de me entreter. Terei que facer como tódolos vellos, pasear e pasear, home bo!

Gloria e Concha diante da derradeira figueira:

Texto e fotos: Fina Roca. Continuar lendo “A voltas coas hortas de Oza, Coruña”

O Parque de Oza…

Así era no mes de xuño de 2007

parque de Oza 033.jpg

Parque de Oza, 059.jpg

Así é dende o mes de agosto de 2007 ata hoxe en día…

Oza-Corgo agosto07 0031.jpg

Oza-Corgo agosto07 005.jpg

Como unha imaxe, as veces, vale máis que mil palabras, coido que sobran comentarios. pero non me resisto a dicir, insistir, que o parque de Oza estaba moi lindo como estaba, que só necesitaba unha limpeza, pero a tala de arbores, a destrución de casas con hortas e leiras, para especular cos terreos, non ten sentido! Nesta mesma bitácora podedes ver o antes e despois do coruñés parque de Oza en distintas entregas. Seguirei informando por ver se os mandamáis se sensibilizan.

Fotos e texto: Fina roca

A fonte do Corgo, Coruña…

Non só destruen as casas, fontes e hortas senón a vida das persoas…

Fonte.jpg
Oza-Corgo agosto07 0211.jpg

Velaquí a fonte do Corgo, Coruña, onde bebía Foucellas cando vivía en Monelos..

A primeira foto foi sacada a finais de xuño do ano en curso e a segunda o día primeiro de setembro do mesmo ano 2007. Non se entende o afán destructor do governo municipal da Coruña. Disque van facer o parque de Oza, pero, de momento, como podedes ver nesta mesma páxina en anotacións anteriores o único que están a facer é destruir, destruír e destruír a natureza.

O parque de Oza e Castrillón…

Cuarta entrega

A piscina do Castrillón….

 

O concello da Coruña segue a atentar contra a paisaxe. A piqueta non perdoa, é demoledora, acaba con todo. Agora tocoulle o turno as hortas do Castrillón, onde as galiñas campan ás súas anchas. A fermosa casa que vedes na foto nº 3 co seu pozo e pio da auga vai ser derrubada o próximo mércores, como derrubaron as outras, testimuña son as sillas que emerxen dentre os escombros, foto nº 5. Para que? Para facer bloques de formigón horrorosos e unha piscina municipal pegada ao cemiterio. Vamos! Que na Coruña sobran piscinas e auga e faltan hortas como as de Oza-Castrillón. Que non as tiren! Mandar e-mails ao concello da Coruña para salva-las hortas. Fina Roca

Nota: ver nesta mesma páxina o antes e despois do parque de Oza.

O parque de Oza…

O camiño do Corgo, A rúa monte, Hortas en Oza 004.jpg O camiño do Corgo, A rúa monte, Hortas en Oza 008.jpg   

O camiño do Corgo, A rúa monte, Hortas en Oza 0123.jpg O camiño do Corgo, A rúa monte, Hortas en Oza 0402.jpg

A Coruña…

Hortas no Camiño do Corgo…

Como prometín hai vai a TERCEIRA entrega do parque de Oza…

O camiño do Corgo (foto nº 3) é unha antiga corredoira que comunica a travesía de Monelos co rúa Montes e o instituto de Monelos, de feito é o atallo máis utilizado polos estudiantes, xa que o camiño da Igrexa está cortado á altura da rúa Joaquín Galiacho. No medio do camiño hai unha fonte de pedra con auga fresquiña e rica, abandonada polas autoridades e tomada polos ionquis. Outrora subían polo camiño os carros tirados polos bois e bebían nesta fonte. Disque Foucellas, veciño do lugar, tamén o facía…

 A ámbolás dúas márxes do Corgo, hai casas con solana, de baixo e pranta, típica arquitectura galega, ou colonial (foto nº 6, antigo Reformatorio da Coruña) cos seus hórreos, parras, figueiras, hortas, galiñeiros e cadras, unha forma de vida moi tradicional e san, na cor da cidade, que están a destruir coas súper máquinas para facer uns xardíns italianos, franceses, japoneses e, naturalmente, urbanizacións de super luxo.

Que barbaridade! A lei do cemento vai acabar connosco…

Entre o Camiño do Corgo e a Igrexa de Monelos hai coidadas hortas dunha riqueza extraordinaria, na que non faltan os pozos artesáns, leitugas, nabos, flores, pepinos.., nin as galiñas que andan soltas comendo nas verzas que colgan dun pau (fotos nº 1,2,5), os homes e mulleres que se dedican ao cultivo de productos hortícolas, ecolóxicos, son maiores, jubilados, que teñen alugado un cacho de terreo dende tempos inmemoriais, non comercializan os productos, son para o consumo propio; están tristes, moi tristes, dende que veron aparecer as máquinas na parte baixa do parque, máquinas que acaban co seu habitual entretemento e alimentos diarios…

Para que? Para facer un xardín ‘xaponés’…

Que barbaridade!

Seica non quedan políticos con sentido común neste país?  Anxo Quintana vai de defensor dos maiores, nos bailes, claro, cal Manuel Fraga, pasando olimpicamente das hortas e xubilados. Das dereitas é mellor no falar, só lles interesa a sua facenda e saír na televisión… E que dicir de Losada? O delfín de Paquiño Vázquez que, tamén, anda de baile e baile cos xubilados/as, con cara de bobo, como Quintana, pasando das hortas e leiras. A ámbolos dous só lles interesa saír na foto… 

Ter hortas nas ciudades é un luxo ao alcance de poucos! Non debemos desfacernos delas, hai que potencialas, subvencionalas e mimalas polo ben da humanidade. Nun parque de nova creación, como o de Oza, non deben cortar ningunha árbore dos existentes, nin desfacer as hortas. Sería unha gozada poder pasear polo devandito parque, falando sosegadamente cos labregos/as, tal como facemos agora, e ver os productos do campo en directo, un repolo por exemplo, pirixel…

As hortas resultarían máis baratas e rentables cun xardín xaponés, que nada ten que ver coa Galicia. Bastaría con vontade política e unhas cabañas de madeira, ou de cemento, para gardar os trebellos de labranza. De seguro, que os xubilados  estiman máis as hortas ca petanca. Fina Roca

(Nota: ver artigos anteriores sobre Oza nesta mesma páxina)  ?