O Río Miño

Históricamente, viñan a dicirmos, incluso, nas Universidades, que o río Miño nascía en Fontemiña, Fonmiña.

Pois vai ser que non, o Miño nasce nun pedregal en forma de rombo que, segundo a lenda, son pescadores petrificados que están a esperar a redención ao través das augas. Outra das lendas atribúe o pedregal a unha vellliña que tódolos días levaba unha gran pedra no mandil ata que formou o gran rombo que fixo mana-las cristalinas augas.

http://www.minube.com/fotos/rincon/301671?user=mariarequejodiaz

O Miño nasce no Pedregal de Irimia, na serra de Meira, e aflora na lagoa de Fonmiñá (Pastoriza) un lugar paradisíaco que convén visitar.

http://es.wikipedia.org/wiki/R%C3%ADo_Mi%C3%B1o

Para chegar ata ali hai que encamiñar as nosas pegadas a Meira, quen conta cun fermoso parque dedicado ao excatedratico de Xeografía da Universidade de Santiago, Rio Barja, cuxas cinzas foron espalladas polo pedregal de Irimia por expresa vontade do ilustre xeógrafo:

http://elprogreso.galiciae.com/nova/92771.html

Fina Roca, Meira, Lugo. Agosto 2011 007.jpg

Pasado o parque de Rio Barja paga a pena facer parada e fonda no antigo mosterio benedictino de Meira en cuxo campanario aniñan as cigüeñas, e a Igrexa de Santa María de Meira:

Fina Roca, Meira, Lugo. Agosto 2011 004.jpg

Moi preto do devandito mosteiro está o nascemento do río Miño: O pedregal de Meira. Un fermoso e tranquilo paraxe con mesas e barbacoas. Velaiqui o monolito coa explicación do nacemento do Miño e un poema de Avelino Díaz.

Fina Roca, Meira, Lugo. Agosto 2011 006.jpg

Fina Roca, Pedregal de Irimia. Agosto 2011 003.jpg

Fina Roca, Pedregal de Irimia. Agosto 2011 001.jpg

Fonmiñá: Eiquí o Miño aflora xa grande. Un paraíso onde os canónigos e berros crecen libres como nos tempos precedentes:

Texto e fotos: Fina Roca

Os Maios en Viveiro…

Maio, maio, entra de crego / non revolbas o tempo… Aí ven o maio pola calle de abaixo/ aí ven o maio de roubar un refaixo/ aí ven o maio pola pescadería/ aí ven o maio comendo pan e sardiña…  

Campo de Urraca é un barrio Viveirense con moita marcha que ensalza todas as festas populares, incluso, a procesión dos nenos.  Outrora as nenas saían coa cruz de maio polas rúas, para atoparse cos maios; ían  vestidas de branco cos traxes da primeira comuñón, portando guirnaldas, frores, cruces e bandexas cubertas de pétalos para pedir esmolas. As nais axudábanas a formar arcos de mirtos e flores. Os rapaces pola súa banda saían cos maios, unha especie de espantallos formados con canas, fiuncho, ramas, vimbios, varas de salgueiro: tirábanse mortos no chan pero axiña resucitaban, o que viña ser a resurreción do mundo vexetal tras o longo inverno.  

Os maios son manifestacións colectivas do denominado Ciclo de Maio, un tempo comprendido entre mediados de abril e mediados de maio: entre maio e abril sae o cuco do cubil. Tres xoves hai no ano que relucen máis co sol: Xoves Santo, Corpus Christi e Ascensión.

En Viveiro os maios saen todos xuntos.

Luciano López Río é a alma mater da festa dos maios: vai vestido cun traxe feito con canas verdes, que pesa veinte kilos aproximadamente. Os acompañantes cantan os maios e piden esmolas polas rúas parando nos bares máis tradicionais. As nenas van vestidas de primeira comuñón cos arcos de mirtos e frores tal como podemos observar nas fotos. Levan maiolas e noces e cantan os Maios acompañados dunha pequena orquestra invitando a todos os presentes a acompañalos.

Velaquí a Luciano vestido de maio e o resto de integrantes: este é o Maio de Campo de Urraca o máis galano que ten a comarca:

Fina Roca. Viveiro, maios 2009 005.jpg 

Levántate maio que tento durmiches

Érguete maio que tanto durmiches, pasou o inverno e ti non o viches.

Fina Roca. Viveiro, maios 2009 021.jpg

Café Avenida de estilo modernista e lugar de encontro dos aconteceres viveirenses.

Fina Roca. Viveiro, maios 2009 002.jpg 

Fina Roca. Viveiro, maios 2009 006.jpg

Fina Roca. Viveiro, maios 2009 007.jpg 

Fina Roca. Viveiro, maios 2009 013.jpg 

Fina Roca. Viveiro, maios 2009 017.jpg

Texto e fotos: Fina Roca

O entroido coruñés…

E.016.jpg

Entroido coruñés. Domingo 18 de febreiro de 2007…

   

        O desfile do carnaval coruñés, dende a praza de Ourense ata a de María Pita, estaba anunciado para as cinco da tarde, pero a esa hora só estaba a xitana vendedora de globos (foto nº2) e algún que outro neno disfrazado, ou familias. Pouco a pouco fóronse xuntando as carrozas, comparsas e murgas no malecón, empezando a desfilar ás seis e media da tarde. En María Pita había dous palcos horrorosos, caixóns con rodas cubertos de plásticos negros, rodeados de focos e altofalantes, preparados para recibir a orquestra París de Noia...

Concentración no muelle

Fotos e texto: Fina Roca

O desfile de Entroido contou cunhas 20 carrozas e máis de 50 comparsas.  Cando a raiña do entroido (foto nº 1 da concentración)  e as súas damas entraron na praza de María Pita, mortas de frío, -ían case espidas como se estivesemos no Brasil- a derradeira comparsa, a do homenaxe a Mozart, aínda estaba no muelle preto da Casa do Mar sen moverse. Animación non faltaba, pero botábase en falta a orixinalidade. Repetíanse as parodias á Pantoxa e ao seu noivo, Pachulín, vacacións marvellís en Alaurín da Torre, construcións Cachulín. Os Pitufos de sempre. Chulaponas a mazo, Travolta. O super depor e Paquiño Vázquez baixo palio rodeado da garda suíza. Animais prehistóricos, budas, cubanitos, cabaliños, hindúes etc. Cabe subliñar a vistosidade das comparsas hispanas cos seus traxes rexionais, especialmente a boliviana. Faltaban  chinos, quizais, porque os establecementos chineses eran os únicos que permanecían abertos o domingo de entroido, forráronse vendendo todo tipo de disfraces e perrucas, amén de petardos. Os chinos non teñen dereito ao descanso semanal, de aí ven a frase, traballan coma chinos, que fai anos superou a de traballan coma negros

O parque de Oza, A Coruña. Antes e despois…

parque de Oza 0021.jpgparque de Oza 018.jpgparque de Oza 015.jpgparque de Oza 013.jpgparque de Oza 002.jpgparque de Oza 001.jpg

Nas fotos vése claramente o antes e despois de entrar as paleadoras, que acabaron con todo…

O alcalde da Coruña, Javier Losada, delfín de Paquiño Vázquez, ven de inagurar o Parque de Oza, no que pretende introducir varios modelos de xardíns, entre eles o xaponés…

Non se entende que metan as máquinas, arrasando con todo e facendo un desmonte a esgalla, existindo, como existe nesta zona un auténtico verxel, un monte autóctono con loureiros centenarios e piñeiros, no que non faltan castaños e noceiras,  especies exóticas, bambú, araucanas, camelias, magnolios, palmeiras, castaños de indias. Unha flora e fauna incrible e imposible de recuperar se se perde. Tordos, merlos, pombas salvaxes, cucos, mouchos, entre outras moitas aves, niñan por estes pagos. Abondan os lirios silvestres, blancos e amarelos, os cogumelos, romero, nébeda, menta, tarais…

Que barbaridade! Incluso o parque está cheo de parras centenarias, que dan ricas uvas, limoeiros, laranxeiras, figueiras e árbores frutais, cuxos froitos recolectan libremente os veciños da zona…

Que deseperación de máquinas! Que desmedida ambición…

Xardín inglés, xaponés, francés? Para qué? A costa dun bosque galego? Por favor…

Nos claros do parque hai hortas e leiras atendidas garimosamente por persoas maiores, homes e mulleres de sacho no legón. Da xenio velos ao coidado de flores de todo tipo, leitugas, tomates, xudeas, árbores frutais…

Os xubilados reúnense tódolos días ao redor das hortas situadas tralo atrio da igrexa de Monelos, detrás do IES do mesmo nome…

Noutros países, en Alemaña e Francia concretamente, nas cidades, subvencionan a quen quere cultivar certos espacios públicos, pero aquí acaban con todo, cando sabemos que se pode compaxinar. Ata os vándalos, alias cultura do botellón salvaxe, respectan máis as hortas e xardíns públicos cas paleadoras. Os labregos xubilados prefiren cultivar unha mada de grelos, antes que xogar á petanca…

O parque de Oza coas súas numerosas fontes de pedra labrada só necesita unha limpeza a fondo, deixando libres os sendeiros e corredoiras naturais…

Que non nos vendan a moto! Van facer un parque, para abrirlle camiño ás inmobilarias, para legalizar as urbanizacións que xa están en marcha.

Mágoa de parque natural…

Seguirei coa miña teima, foto a foto, co que había, co que hai e co que van facer, e coa foto do depredador de quenda..

Eu non vou votar a ningún político que me cambie unha fraga galega por un parque xaponés, tal é o caso de Oza… 

Ánimo coleguiñas, facede o mesmo hai que acabar coa Lei do cemento! Fina Roca.

Por Santos e Defuntos, magostos e maiolas…

Cando eu era nena tal día coma hoxe adoitaba acompaña-la familia ao cemiterio para rendirlle contas ós mortos cun colar de zonchos colgado do pescozo: cada zoncho que comía libraba unha ánima do purgatorio.

A festa de Santos e Defuntos empezaba a mediados do mes de outubro, cando os cativos e cativas íamos ao monte apañar castañas e noces…

As castañas, en Galicia, teñen matiz funerario xa que aparecen por defuntos, anque este ano, quizais, debido ao cambio climático apareceron un mes antes, como as noces…

 Cada grupo de persoas tiña a súa parcela no monte… Se Xuntaban os froitos baixo unha castiñeira perante dous ou tres días para poder quitarlle os ourizos sen lastimarse coas puxas. As noces, como manchan tanto, se cubrían coas propias follas das noceiras ata que saían soas da casca exterior. Se disfrutaba moito, en familia, cos preparativos previos á noite de defuntos e había reparto de traballo…

As nais cocían as castañas coa monda-os zonchos- e, cando enfriaban, as avoas, cunha agulla da la e fío de bramante facían colares de castañas de unha ou varias voltas para todos os nenos e nenas. Tamén as pelaban e secaban ao lume para conservalas todo o ano: as pilongas ou maiolas.

Os magostos, castañas asadas, era cousa dos homes! Quitabánlle un cacho cativo por un lateral, para que non saltaran, e metíanas nunha lata grande de marmelo con buratos no fondo; se o tempo o permitía se asaban na leira e se chovía, na lareira; tamén se facían nas tixolas grandes de ferro e nunca faltaba o caldo de  maiolas por estas datas.

Caldo de maiolas: Hai que poñer a remollo as fabas e a carne de cocho salgada – rabo, orella, touciño, costelas, un oso de xamón-. A noite de defuntos se coce todo en abundante auga cun cacho de unto. Cando a carne está cocida, se retira e colamos o caldo, botamos as maiolas, como se fosen patacas e, cando case van cocidas, engadimo-los navos ou grelos, troceados coas mans -nunca co coitelo-, tan pronto levante o fervor escaldamo-la verdura, cinco minutos escasos,  apagamo-lo lume sen tapa-la pota, para que os nabos manteñan a cor verde e desixamolo repousar. As fabas hai que cocelas coa carne metidas nunha bolsiña de tea para que non se desfagan.

Por que se facía o caldo de maiolas en Galicia a noite de defuntos?  Porque na devandita  noite (31 de outrubro) os mortos saían das tumbas con moita fame e ían polas casas dos familiares vivos a come-lo caldo, ou o que lles botaran… Tamén, para que non fixeran falcatruadas, habíai que poñer diante dos retratos dos defuntos un vaso con auga e aceite cunha volvoretiña de papel encendida…

O das cabazas ven dos celtas! A miña avoa contaba que os mortos eran moi listos e, como había defuntos que non tiñan parentes vivos, nin lugar a onde ir, procuraban colarse nas casas alleas pos Santos e Defuntos, para vivir a corpo de rei. Para evitar que roubaran os animais das cuadras, ou que se apoderaran dos nenos e desvalidos, había que poñer nas fiestras varias cabazas valeiras, colocando entre as cuncas dos ollos e nariz unha vela encendida, como se fose unha caveira, e creran ca casa xa estaba tomada polos mortos, temén se puñan nas portas ramos venditos de olivo… Outrora ninguén se atrevía saír en noite de defuntos, po medo á Santa Compaña ou procesión dos mortos. Bécquer recolle esta tradición na lenda de El Monte de las Ánimas, anque a acción transcorre en Soria… Agora hai botellóns nos cemiterios!

En Galicia hai tradición de abondo por Santos e Defuntos, como para que nos Centros Comercias e colexios haxa que importar o HALLOWEEN AMERICANO no que os nenos se disfrazan como no Antroido, indo polas casas pedindo doces, preguntando o de truco ou trato? Asemade, antes de mirar cara os EE.UU,  sempre nos queda o Don Juan Tenorio de Zorrilla… Fina Roca